Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32855

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución de Alcaldía do 27 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021, de estabilización de emprego temporal:

1. OEP de estabilización de emprego temporal ao abeiro do artigo 2.1 da Lei 20/2021:

Denominación: auxiliar administrativo (animador turístico). Réxime xurídico: funcionario. Corpo, escala ou categoría: subescala auxiliar. Grupo: C2. Nº dotacións: 1. Observacións: xornada parcial (50 %).

Denominación: operario de servizos múltiples. Tipo de réxime xurídico: persoal laboral fixo.

2. OEP de estabilización do emprego temporal de longa duración (disposición adicional sexta e prazas da OEP ano 2021 non convocadas):

Código: PT010. Denominación: auxiliar administrativo. Tipo de réxime xurídico: funcionario. Corpo, escala ou categoría: escala de Administración xeral, subescala auxilar. Grupo: C2. Nº de dotacións:1.

Código: PT014-PT015-PT016-PT017 denominación: auxiliar de axuda no fogar. Tipo de réxime xurídico: laboral. Corpo, escala ou categoría: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios. Grupo: C2/AP. Nº de dotacións: 4. Observacións: xornada parcial (50 %).

Código: PT005. Denominación: educador/a familiar .tipo de réxime xurídico: funcionario. Corpo, escala ou categoría: escala de Administración especial, subescala técnica. Clase: técnicos medios. Grupo: A2. Nº de dotacións: 1.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Alfoz ao abeiro da Lei 20/2021, no Diario Ofiical de Galica e no Boletín Oficial da provincia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se xulgue máis conveniente ao seu dereito.

Alfoz, 27 de maio de 2022

Jorge Val Díaz
Alcalde presidente