Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO do 26 de maio de 2022 polo que se corrixen erros do anuncio da modificación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal correspondente ao exercicio 2020.

Advertido un erro no citado anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 100, do 25 de maio de 2022, relativo á modificación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal correspondente ao exercicio 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 31058, no cadro: prazas de persoal funcionario, con respecto ás dúas prazas de arquitecto/a, grupo A1, subescala técnica:

Onde di: «Escala: Admón. xeral»; debe dicir: «Escala: Admón. especial».

O Porriño, 26 de maio de 2022

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde