Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32571

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT302D).

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores.

O sector da música en Galicia ten unha fiestra aberta permanentemente nas salas de música ao vivo, xa que son un referente para a exhibición musical, dando pulo a artistas, xa sexan solistas, grupos ou bandas, que atopan nestas salas os primeiros lugares onde amosar o seu traballo e o seu talento.

As salas de música ao vivo xogan, así, un papel fundamental no desenvolvemento da carreira musical e a profesionalización dun sector non exento de dificultades, que van desde a exixencia para poder exercer esta actividade ata as novas formas de consumo de lecer e tempo libre.

A Axencia Galega das Industrias Culturais é consciente da relevancia das salas de música ao vivo non só como espazo de exhibición musical senón tamén como espazos de encontro, intercambio de experiencias e plataformas promocionais de todo o sector musical galego, polo que considera que son un instrumento válido e prezado na cadea de valor da industria musical.

Esta liña de subvencións encádrase no proxecto Hub audiovisual-industria cultural vinculado ao programa REACT da Unión Europea, actuación 20.1.3.2.4 de axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega, que promove a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, co que se pretende aumentar a capacidade competitiva das empresas culturais galegas e incentivar a creación de traballos sustentables que integren a totalidade da cadea de valor desta industria.

Concretamente, esta actuación corresponde a:

Eixe prioritario: 20. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Prioridade de investimento 13i. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Obxectivo específico OE 20.1.3.2 OE REACT-UE 3.2.

Actuación CPSO 20.1.3.2.4 Axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega.

Campo de intervención 067-Desenvolvemento empresarial das pemes, apoio ao espírito de empresa e a incubación (incluíndo o apoio a empresas incipientes e empresas derivadas).

Liña de actuación 81-Medidas de impulso do sector audiovisual.

A Estratexia Europa 2020 (EE2020) fixa o marco xeral de actuación cara ao que deben enfocarse os esforzos da política de cohesión europea, que financian os fondos estruturais e de investimento europeos, entre eles o Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A EE2020 fixa tres modelos de crecemento e desenvolvemento, así como os criterios de intervención para logralos:

1. Desenvolvemento intelixente: favorecer unha economía fundamentada no coñecemento e a innovación.

2. Desenvolvemento sustentable: promoción dunha economía máis eficiente no uso dos recursos, máis ecolóxica e competitiva.

3. Desenvolvemento integrador: fomento dunha economía con altas taxas de emprego que permita avanzar na cohesión social territorial.

Neste contexto, a UE recomenda que a intervención dos fondos Feder no ámbito da cultura deben ir dirixidos ao apoio dos sectores culturais estreitamente ligados á innovación e á creatividade. Por iso, o impulso ás industrias culturais e creativas, co fin de desenvolver a competitividade para que contribúa ao emprego e ao crecemento, resulta tan importante.

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, coa finalidade de contribuír á promoción da actividade musical, fornecendo a Rede galega de música ao vivo (RGMV) e contribuíndo ao desenvolvemento da programación das salas no anos 2022 e 2023.

Neste sentido, desde a Agadic sempre se mantivo unha colaboración estreita co sector das salas de música ao vivo, abrindo canles de colaboración público-privada necesarias para a consolidación e o crecemento deste segmento cultural a súa programación e fomento.

En consecuencia, tendo en conta o marco xurídico legal constituído pola lei básica estatal, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no ámbito rexional, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, coa finalidade de contribuír á promoción da actividade musical, fornecendo a Rede galega de música ao vivo (RGMV) ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022, para contribuír ao desenvolvemento ordinario da programación das salas no anos 2022 e 2023 (código de procedemento CT302D).

2. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Nos anexos da presente resolución deberase cubrir a declaración das axudas percibidas polas persoas solicitantes.

3. Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas ou agrupacións de entidades privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao espazo económico europeo, propietarios, ou posuidores de calquera título válido en dereito, de espazos de exhibición musical privados, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente, coa correspondente licenza ou permiso municipal, para organizar espectáculos musicais en directo con público, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

4. O procedemento establecido para concesión destas subvencións é de concorrencia non competitiva, xa que é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos con rapidez e non é necesaria a comparación de proxectos, polo interese especial de manter e promover a programación musical para evitar a súa desaparición e para cooperar cun sector duramente afectado pola crise da COVID-19.

5. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas ao 100 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), polo que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen ao respecto nestas bases reguladoras.

6. Estas subvencións teñen carácter plurianual e o procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, por esgotamento do crédito, sen necesidade de prelación dos proxectos, de conformidade co disposto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O criterio de repartición farase por orde de entrada das solicitudes no rexistro electrónico da Xunta de Galicia sempre que reúnan os requisitos establecidos nestas bases para seren beneficiarios.

Financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2021 00001, dos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais para os anos 2022 e 2023.

7. Solicitudes.

7.1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.

7.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

8. Prazo de duración do procedemento de concesión.

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia non competitiva e o procedemento non poderá ter unha duración superior aos tres meses contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude.

9. Información ás persoas interesadas.

9.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: http://agadic.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77 /881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

9.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

9.3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

10. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

11. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

12. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente
para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19,
e convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT302D)

Artigo 1. Obxecto e réxime das axudas

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto establecer as bases da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, coa finalidade de contribuír á promoción da actividade musical, fornecendo a Rede galega de música ao vivo (RGMV) e contribuíndo ao desenvolvemento ordinario da programación das salas no anos 2022 e 2023 (código de procedemento CT302D).

2. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Nos anexos da presente resolución deberase cubrir a declaración das axudas percibidas polas persoas solicitantes.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse á Agadic tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que a persoa beneficiaria presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase do solicitante unha declaración, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

4. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. A xestión destas subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

6. As subvencións serán concedidas ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo procedemento abreviado e por orde cronolóxica, tendo en conta a data e a hora de entrada no rexistro. A proposta de concesión formularaa o órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos para conceder a subvención, sen que sexa necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas.

7. A presentación das solicitudes, así como toda a tramitación do procedemento, efectuarase de forma electrónica, de conformidade co disposto no artigo 10.2.a) da Lei 4/2019, do 4 de xullo, de administración dixital de Galicia, que establece que no ámbito do sector público autonómico estarán obrigados a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización da calquera trámite, ademais dos indicados no artigo 14 da Lei 39/2015, entre os que se atopan as persoas xurídicas e o seus representantes, os traballadores autónomos para os trámites que realicen no exercicio da súa actividade profesional.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao espazo económico europeo, propietarios, ou posuidores de calquera título válido en dereito, de espazos de exhibición musical privados, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente, coa correspondente licenza ou permiso municipal, para organizar espectáculos musicais en directo con público.

2. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións as agrupacións de entidades privadas sempre que cumpran todas elas os requisitos anteriormente sinalados e poidan levar a cabo o obxecto da subvención, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Así mesmo, as entidades beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo o contido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, sobre a definición de microempresa, pequena e mediana empresa (DOUE-L-2014-187/1), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Así, microempresa é a que ocupa menos de 10 persoas, cun volume de facturación e balance xeral anual menor ou igual a dous millóns de euros; pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

O órgano xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

4. Só se poderá presentar un único proxecto por solicitante e espazo. Para os supostos de agrupacións, as persoas ou entidades que formen parte dela non poderán presentar proxectos de forma individualizada.

5. Non poderán ser beneficiarias desta convocatoria de subvencións:

a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

b) As administracións públicas, os seus organismos autónomos, empresas públicas e outros entes públicos.

c) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

d) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes

1. As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a organización de espectáculos musicais, no suposto de persoas xurídicas.

b) Estar dadas de alta no imposto de actividades económicas nas epígrafes correspondentes ás ditas actividades, cunha antigüidade mínima e ininterrompida dun ano.

c) Contar cun establecemento na Comunidade Autónoma de Galicia habilitado como sala de concerto, sala de festas ou café-espectáculo, de conformidade coa definición que destes establecementos se determina no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia, así como café-concerto, café categoría especial ou tablao flamenco previstos no Decreto 292/2004, do 18 de novembro.

d) Ter realizado un mínimo de 25 concertos por ano nos anos 2019 e 2021 con entradas de pago no espazo de exhibición musical en que se desenvolverá a programación presentada.

2. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Proxectos subvencionables

1. Os proxectos subvencionables ao abeiro desta convocatoria poderán enmarcarse en dúas modalidades:

1.1. Programación da Rede galega de música ao vivo.

A persoa solicitante poderá presentar un proxecto para incluír na programación da RGMV, sempre que cumpra cos requisitos que se relacionan a continuación:

a) O proxecto de programación deberá constar dun mínimo de 6 e un máximo de 10 concertos por ano, para desenvolver entre a data de publicación desta convocatoria e o 30 de setembro de 2023.

b) Todos os concertos deberán ser de pago, cun prezo mínimo por entrada de 5,00 euros.

c) Cada solista ou membro da banda deberá cobrar un mínimo de 250,00 euros (sen IVE) e o custo máximo de cada concerto non pode ser superior a 2.500,00 euros (sen IVE).

d) O proxecto de programación estará formado completamente por artistas que desenvolvan a súa actividade habitualmente en Galicia.

e) O proxecto de programación estará formado por, polo menos, un 40 % de artistas femininas galegas, agás que sexa de imposible cumprimento e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.

1.2. Programación complementaria da Rede galega de música ao vivo.

O proxecto que presente a persoa solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) O proxecto de programación deberá constar dun mínimo de 25 e un máximo de 67 concertos por ano, para desenvolver entre a data de publicación desta convocatoria e o 30 de setembro de 2023.

b) Manter un equilibrio razoable entre o número de concertos de cada anualidade.

c) A programación estará composta, polo menos, nun 50 % con artistas que desenvolvan a súa actividade habitualmente en Galicia.

d) A programación dará visibilidade a artistas femininas.

e) Todos os concertos deberán ser de pago.

2. As persoas solicitantes poderán presentar un único proxecto que comprenda as dúas modalidades, respectando os requisitos de cada unha delas, ou optar só á modalidade 1.1. Programación de Rede galega de música ao vivo. Non se admitirán proxectos que só inclúan a modalidade 1.2. Programación complementaria da Rede galega de música ao vivo.

Artigo 5. Financiamento, contías e límites máximos

1. Estas subvencións teñen carácter plurianual e o procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, por esgotamento do crédito, sen necesidade de prelación dos proxectos, de conformidade co disposto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O criterio de repartición farase por orde de entrada das solicitudes no rexistro electrónico da Xunta de Galicia sempre que reúnan os requisitos establecidos nestas bases para seren beneficiarios.

2. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 600.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, código de proxecto 2021 00001, distribuído en dúas anualidades segundo o cadro seguinte:

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Importe

300.000,00 €

300.000,00 €

3. Debido ao seu carácter plurianual, os gastos subvencionables serán aqueles que fosen realizados, e pagados, entre a data de publicación da convocatoria da axuda e o 30 de setembro de 2023. O período subvencionable, polo tanto, abrangue desde o día seguinte á data de publicación da convocatoria da axuda no DOG ata o 30 de setembro de 2023.

4. O importe previsto poderá ser incrementado ao longo do exercicio nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda e sempre antes da resolución de concesión. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

5. Os proxectos subvencionados ao abeiro desta convocatoria terán os seguintes límites:

a) Proxecto para a programación da Rede galega de música ao vivo. Non poderá ter un custo subvencionable maior de 25.000,00 euros (IVE incluído). O importe máximo da subvención será do 100 % do orzamento subvencionable presentado, sen superar os 20.000,00 euros. A achega máxima por concerto será a derivada do gasto en caché máis 250,00 euros (sen IVE) xustificables entre os conceptos dos gastos subvencionables descritos nestas bases.

Esta modalidade é incompatible con calquera outro financiamento ao ter un importe máximo de subvención do 100 % do orzamento subvencionable.

b) Proxecto para programación complementaria da Rede galega de música ao vivo. Non poderá ter un custo subvencionable maior de 25.000,00 euros (IVE incluído). O importe máximo de subvención será do 80 % do orzamento subvencionable presentado, sen superar os 20.000,00 euros. A achega máxima por concerto será de 150,00 euros (sen IVE) en conceptos dos gastos subvencionables descritos nestas bases.

O réxime de incompatibilidade e compatibilidade para esta modalidade está recollido nos puntos seguintes deste artigo.

Polo tanto, unha solicitude poderá acadar, como máximo, un importe subvencionable de 50.000,00 euros, IVE incluído, se se presenta un proxecto que abrangue ambas as modalidades, pero respectando o réxime de incompatibilidade ou compatibilidade de cada modalidade.

6. Estas subvencións son incompatibles co financiamento doutros fondos da UE ou outras axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e dos seus organismos dependentes para o mesmo proxecto. Así mesmo, estas axudas estarán suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, de forma que unha operación poderá recibir axuda de un ou de varios fondos EIE ou de varios programas ou doutros instrumentos da Unión sempre e cando o gasto declarado nunha solicitude de pagamento correspondente a un dos fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión ou axuda do mesmo fondo no marco dun programa distinto.

7. Estas axudas son compatibles con outras axudas do resto dos departamentos da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade e compatibles co mercado interior.

8. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere o 100 % do custo do proxecto.

9. No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

10. Estas axudas están financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no eixe REACT-UE (obxectivo específico OE 20.1.3.2-OE REACT-UE 3.2 de axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega), como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, polo que son incompatibles con outras axudas doutros fondos estruturais da UE, para o mesmo proxecto.

11. Os indicadores de produtividade relativos a esta convocatoria son o CO01 Número de empresas que reciben axudas, o CO02 Número de empresas que reciben subvencións e o CO05 Número de novas empresas beneficiarias da axuda. Así mesmo, o indicador de resultado é o R030A Taxa de supervivencia nacional/rexional de pemes no cuarto ano de vida.

Artigo 6. Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos subvencionables os gastos que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan realizados, e pagados, entre o día da publicación desta convocatoria e o 30 de setembro de 2023.

2. Para o desenvolvemento do proxecto de programación da Rede galega de música ao vivo (modalidade 1.1), terán a consideración de gastos subvencionables:

a) Gastos de persoal artístico contratado asociado ao proxecto (cachés dos grupos).

b) Gastos de produción.

c) Gastos de xestión de dereitos de autor.

d) Gastos de comercialización, promoción e publicidade.

3. Para o desenvolvemento do proxecto de programación complementaria da Rede galega de música ao vivo (modalidade 1.2), terán a consideración de gastos subvencionables:

a) Gastos de produción.

b) Gastos de xestión de dereitos de autor.

c) Gastos de comercialización, promoción e publicidade.

4. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos (como o IVE) cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias e demais gastos financeiros, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

5. As entidades beneficiarias das subvencións establecidas nestas bases, como entidades executoras das actuacións subvencionables, co obxecto de garantir a súa adecuada execución, comprométense a asumir a dirección técnica, debendo proceder en consecuencia, á asignación dos medios humanos e materiais que sexan necesarios e, se é o caso, á subcontratación de servizos necesarios para desenvolver as actuacións subvencionables, podendo subcontratar totalmente, e asumindo expresamente o contido dos límites e obrigas establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En todo caso, quedan fóra da subcontratación aqueles gastos en que teñan que incorrer as entidades beneficiarias para a realización por si mesmas das actividades subvencionadas.

A necesidade da subcontratación estará debidamente motivada pola entidade beneficiaria e, en ningún caso, suporá un aumento do custo da actividade subvencionada.

As persoas subcontratistas quedarán obrigadas soamente ante as entidades beneficiarias, que asumirán a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración. As entidades beneficiarias serán as responsables de que na execución da actividade subvencionada concertada con terceiros se respecten os límites establecidos neste convenio en canto á natureza e contía dos gastos subvencionables e exixiranlles ás persoas subcontratistas os documentos acreditativos dos pagamentos correspondentes.

As persoas subcontratistas están obrigadas a lles facilitar aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas.

As persoas beneficiarias respectarán o establecido no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, á hora de contratar con terceiras persoas a execución das accións subvencionadas.

6. A estes gastos subvencionables seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, e a Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, que a modifica.

7. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria.

Artigo 7. Inicio do procedemento e prazo para a presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Na solicitude (anexo II) a persoa solicitante ou representante terá que facer as seguintes declaracións responsables:

2.1. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

2.2. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2.3. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2.4. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

2.5. Declaración responsable de que a persoa solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

2.6. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

2.7. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

2.8. Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

2.9. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

2.10. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

2.11. Declaración responsable de que a actividade subvencionada non se iniciou antes da presentación da solicitude pola persoa beneficiaria, ao abeiro da resolución de aprobación das bases reguladoras e convocatoria da axuda no DOG.

2.12. Declaración responsable de ser peme. O organismo xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas teñan a dita condición.

2.13. Declaración responsable de cumprir os requisitos sinalados nos artigos 2 e 3 destas bases reguladoras.

3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela que sexa realizada a emenda, xa que para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada, considerándose como data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo, coa solicitude correctamente cuberta e se achegue toda a documentación exixida na presente resolución.

5. O prazo para a presentación das solicitudes será de tres meses contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Non obstante o anterior, unha vez esgotado o crédito na contía máxima fixada nestas bases, non se admitirán novas solicitudes aínda que a publicidade desta circunstancia se produza con posterioridade a que se publicase no Diario Oficial de Galicia e no portal web da Agadic, www.agadic.gal

6. No caso de que a solicitude sexa presentada por unha agrupación de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens o calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberán constar expresamente tanto na solicitude como na resolución os compromisos de execución asumidos para cada membro da agrupación e o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, nomear un representante ou apoderado único e a agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

– Certificado do acordo social de solicitude da axuda, se o solicitante é persoa xurídica.

– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda e as súas modificacións, se o solicitante é persoa xurídica.

– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

– No suposto de agrupación de entidades, deberán nomear un representante ou apoderado legal único, con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á entidade e os compromisos de execución asumidos para cada membro da agrupación e o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, así como o compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación específica que se considera esencial para iniciar a tramitación:

– Memoria do proxecto de programación (anexo III).

– Plan económico financeiro (anexo IV).

– Licenza municipal en calquera das categorías expresadas no artigo 5.1.c) destas bases ou, de ser o caso, a autorización municipal para a realización do proxecto susceptible de ser subvencionado, que deberá expresar claramente o alcance da devandita autorización.

– Copia da póliza de responsabilidade civil, actualizada e en vigor.

– Copia da escritura de propiedade ou outro documento válido en dereito que amose a dispoñibilidade da sala por parte da persoa solicitante.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Sen prexuízo da documentación exixida para este procedemento, a Agadic poderá requirir á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

7. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que se non o fixer se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 12. Instrución do procedemento

1. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados nun único acto pola Dirección da Axencia, que os elevará á Presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro.

2. Ao tratarse dunha convocatoria aberta en que se dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, unha vez esgotado o crédito da partida orzamentaria asignada, inadmitiranse as posteriores solicitudes e publicarase a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Agadic. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario non serán outorgadas novas subvencións, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

3. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos que se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

4. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, e poderalle requirir á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

En todo caso, non se admitirán a trámite, e ditarase a resolución de inadmisión e arquivamento, as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido no artigo 9 destas bases.

Artigo 13. Resolución da convocatoria

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor á vista do expediente, da documentación requirida, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor segundo a disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG núm. 164, do 29 de agosto), deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

3. As resolucións expresarán, cando menos:

a) A relación de persoas beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do dito importe por anualidades.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada persoa beneficiaria un documento en que deberán figurar, como mínimo, a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

5. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

6. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da presentación das solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

7. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, a notificación individual de concesión da axuda poderase acompañar tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://agadic.gal, con indicación da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 14. Réxime de recursos

A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpoñer os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 15. Publicidade

1. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario ou programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Malia o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000,00 €), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Agadic.

Igualmente, será aplicable o réxime de publicidade establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Os interesados poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas e as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Protección de datos

1. Coa presentación da solicitude, a persoa solicitante autoriza o tratamento necesario dos datos persoais para a publicación das axudas percibidas, de conformidade coa normativa vixente en materia de publicidade de subvencións.

2. De acordo co establecido no artigo 14.ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 17. Notificacións de resolucións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Aceptación da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A entidade beneficiaria, xunto á aceptación da subvención, deberá remitirlle á Agadic a programación obxecto de subvención.

No caso da programación da modalidade 1.1. Programación da Rede galega de música ao vivo, deberá realizase a través da plataforma de xestión www.galescena.gal na forma e prazos que indique no seu momento a Axencia.

No caso da modalidade 1.2. Programación complementaria da Rede galega de música ao vivo, a programación deberá ser remitida á Agadic mensualmente en formato Excel con indicación dos seguintes datos: grupo, sala, data, hora e caché de cada concerto.

De non recibir esta documentación no prazo sinalado, enténdese que a persoa beneficiaria rexeita a subvención e, polo tanto, perde calquera dereito que teña sobre ela.

3. A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión da operación e os seus datos na listaxe de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (RDC), e do acordo cos requisitos previstos no anexo XII do devandito regulamento, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, https://www.dgfc.sepg.hacienda.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

4. A renuncia á subvención poderase facer electronicamente, axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias poderán solicitar a modificación do seu contido antes de que remate o prazo para a realización da actividade.

2. A modificación poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiros. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

3. Xunto coa solicitude, as persoas beneficiarias deberán presentar: memoria xustificativa, orzamento modificado e relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

4. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Agadic, logo da instrución do correspondente expediente, en que se lles dará audiencia aos interesados nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Cando as persoas beneficiarias da subvención poñan de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada, sempre respectando as limitacións establecidas no artigo 35.5 do Decreto 11/2009.

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das subvencións adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable:

a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada de conformidade co proxecto presentado ou, se é o caso, conforme a modificación autorizada pola Agadic.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, a xustificación dos gastos conforme o artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o beneficio da subvención.

c) Respectar as condicións laborais de todo o persoal artístico e técnico participante en cada concerto que forme parte do proxecto subvencionado, segundo a normativa laboral vixente para cada colectivo.

d) Manter vixente en todo momento a póliza de responsabilidade civil e demais seguros obrigatorios.

e) Remitirlle á Agadic canta documentación se lle solicite á entidade beneficiaria para o control e seguimento do proxecto subvencionado, así como do cumprimento das condicións establecidas nestas bases.

f) Subir a programación da Rede galega de música ao vivo (modalidade 1.1) á plataforma de xestión www.galescena.gal, e cubrir obrigatoriamente os datos da billeteira e recadación de ingresos pola venda de entradas.

g) Comunicarlle á Agadic a programación mensual no caso da modalidade 1.2 (Programación complementaria da Rede galega de música ao vivo) coas datas e horas previstas, cunha antelación mínima de 15 días.

h) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Para tales efectos, o solicitante deberá achegar certificación de estar ao día nas citadas obrigas no caso de denegar expresamente que as solicite o órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 9.2. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado. No caso de agrupacións, todos os integrantes presentarán a súa declaración.

i) Nas accións promocionais e nos materiais de difusión que se realicen ao abeiro do proxecto, as persoas beneficiarias deberán incluír os logotipos da Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22, seguindo as súas respectivas normativas de identidade corporativa. Así mesmo, será obrigatorio que a marca Xacobeo 21-22 sexa visible durante a celebración dos concertos.

j) Subministrar á Agadic, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento pola Agadic das obrigas previstas no título I da citada lei.

k) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 e o Regulamento (UE) nº 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

l) Someterse ás actuacións de comprobación e control e inspección que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

m) Comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

n) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

ñ) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos e os principais avances. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia e a frase «Axencia Galega das Industrias Culturais», así como financiado con cargo aos fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse de que foi apoiado pola Xunta de Galicia.

o) As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán á disposición na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (http://www.agadic.gal), na súa epígrafe de axudas.

p) Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013, a persoa beneficiaria deberá, durante a realización da operación e na futura documentación e ou produtos que se xeren vinculados a esta subvención:

I. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao fondo Feder e unha mención a que a operación está financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa».

II. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición na páxina web da entidade beneficiaria, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión, e colocando un cartel con información sobre o proxecto dun tamaño mínimo A3, no cal se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo a entrada dun edificio.

Cando se mencione o fondo Feder completarase cunha referencia relativa a que se financia como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

q) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución.

r) Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

s) O órgano concedente informará a persoa beneficiaria da data de inicio a que se refire esta obriga.

2. Así mesmo, cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, portadas e outros materiais).

3. O incumprimento das anteriores obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 31 destas bases.

Artigo 21. Xustificación da subvención

1. Para cobrar a subvención concedida, a persoa beneficiaria terá que presentar, mediante a modalidade de conta xustificativa (conforme o artigo 44 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia), a documentación que a continuación se indica:

a) Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

Debe incluír imaxes ilustrativas da actuación efectuada, da inclusión do logotipo da Xunta de Galicia e da marca Xacobeo 21-22.

b) Memoria económica co contido seguinte: estado representativo dos gastos incorridos nas actividades subvencionadas, debidamente agrupadas e, se procede, as cantidades inicialmente orzadas e as desviacións que se producisen. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE (anexo V).

c) Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas (anexo VI).

d) Facturas ou documentos xustificantes de gastos, de acordo co establecido no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación (BOE núm. 289, do 1 de decembro), de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa.

e) Documentos xustificativos do seu pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. No xustificante de pagamento constará o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

f) Se é o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non se aceptarán aquelas facturas en cuxo concepto non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado, tampouco xustificantes de gasto, albarás, notas de entrega, facturas pro forma, recibos ou similares cando sexa obrigatoria a expedición de factura, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

3. Os prazos para presentar a documentación xustificativa de cada anualidade serán os seguintes:

Anualidade 2022

10 de decembro de 2022

Anualidade 2023

30 de setembro de 2023

En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior á establecida para presentar a xustificación.

4. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas na resolución de concesión da subvención ou, de ser o caso, da súa modificación, e responder, de xeito indubidable, á natureza da actividade subvencionada. Sen necesidade de instar procedemento de modificación da subvención, a Agadic poderá aceptar variacións nas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 20 % do orzamento, que non aumente o importe total do gasto aprobado, que non desvirtúen as características do proxecto e condicións que foron tidas en conta para a resolución de concesión.

5. Para as persoas beneficiarias que non xustifiquen a anualidade correspondente no prazo establecido nestas bases ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, a persoa titular da Dirección da Agadic ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 22. Pagamento

1. O pagamento de cada anualidade realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada polos órganos competentes da Axencia.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

3. Previamente ao pagamento, as entidades beneficiarias acreditarán que se atopan ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e non son debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

4. Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen recade esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 9.2.

Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor dan como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requiriráselles que regularicen a súa situación e presenten por si mesmas os correspondentes certificados.

Artigo 23. Pagamentos anticipados

1. As persoas ou entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida, ao abeiro do disposto no artigo 63 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada. O Consello da Xunta de Galicia deberá autorizar a superación de límites segundo establece o artigo 63.3 do devandito regulamento.

2. As persoas ou entidades beneficiarias que soliciten, e se lles conceda, un pagamento anticipado, quedan exoneradas de constituír as garantías a que fan referencia os artigos 63.2 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, en aplicación da excepción prevista no seu artigo 67.4, tras a súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia.

Artigo 24. Pagamentos á conta

1. As persoas ou entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar pagamentos á conta, tal e como se recolle no artigo 62 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o que poderá supoñer a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas. En todo caso, o conxunto dos pagamentos á conta e pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedesen non poderán ser superiores ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondentes aos pagamentos xustificados nin exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

2. As persoas ou entidades beneficiarias que soliciten, e se lles conceda, un pagamento á conta, quedan exoneradas de constituír as garantías a que fan referencia os artigos 62.3 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en aplicación da excepción prevista no seu artigo 67.4, tras a súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia.

Artigo 25. Perda de dereito á subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 26. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 27. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento procederá o reintegro parcial do seguinte xeito:

a) Se se incumpre a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 2 %.

b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, se prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

c) Suporá a perda dun 5 % non comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención, unha vez recalculada a subvención e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte da suma de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (deberes de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 28. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 24 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 29. Fiscalización e control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento ás persoas beneficiarias as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de procedencia dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establecen o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 30. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución aprobatoria das bases reguladoras, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e de convocatoria para o ano 2022.

1.2. A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e suplementariamente a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.3. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.4. A Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.5. A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

2. As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

2.1. Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

2.2. Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

2.3. Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2.4. Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2.5. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

2.6. Regulamento (UE) nº 2020/460 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013 e (UE) nº 508/2014, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

2.7. Regulamento (UE) nº 2020/558 do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013 e (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao gromo da COVID-19.

2.8. Regulamento (UE) nº 2020/2221 que establece as normas e disposicións de execución referentes aos recursos adicionais achegados en calidade de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE), co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Artigo 31. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file