Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0201/2021 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43-4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 19 de maio de 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado

ANP-PO-0201/2021

77461000J

Resolución

Polo xefe territorial

ANP-PO-0029/2022

Y0430783F

Incoación

Polo xefe territorial

ANP-PO-0031/2022

15492339E

Incoación

Polo xefe territorial