Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 3 de xuño de 2022 Páx. 32830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución de recurso de alzada contra as bases de reestruturación parcelaria de Oleiros (Silleda-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural, Lalín-Pontevedra, rúa Polideportivo, nº 1, baixo, teléfono 886 15 94 52, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación terase producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 19 de maio de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

RA08-159

44843718C

Resolución recurso de alzada bases