Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32325

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 20 de abril de 2022 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F).

O Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, na súa xuntanza do 20 de abril de 2022, acordou aprobar as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023.

De conformidade coas facultades que teño conferidas en virtude do artigo 10.2.a) do Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello de Dirección de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 20 de abril de 2022, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F).

O citado acordo incorpórase a esta resolución como documento anexo.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Acordo do 20 de abril de 2022 do Consello de Dirección polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F)

O 28 de decembro de 2020 publicouse o Regulamento (UE) nº 2020/2220, do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1307/2013 no que respecta aos seus recursos e á súa aplicación nos anos 2021 e 2022 e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e a distribución de dita axuda nos anos 2021 e 2022.

Este regulamento garante a continuidade das axudas establecidas pola PAC para o período 2014-2020 ata que o novo marco lexislativo entre en vigor, prorrogando o marco xurídico vixente ata o ano 2022: os catro regulamentos básicos da PAC (1305/2013, 1306/2013, 1307/2013 e 1308/2013) por un ano. Por outra parte, o citado regulamento recolle a posibilidade de financiar as axudas para a preparación, deseño e posta en marcha das estratexias do período 2023-2027, a través da submedida 19.1 (actuacións preparatorias) dos programas de desenvolvemento rural correspondentes ao período 2014-2020. Neste sentido, a Decisión de Execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021 modificou o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) correspondente ao período 2014-2020, recollendo un máximo de axuda de 35.000 € por proposta.

Así mesmo, o devandito regulamento dispón que dá un tempo aos Estados membros para preparar os seus plans estratéxicos nacionais da nova PAC que abarca o período 2023-2027.

Ante a previsible entrada en vigor do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 do Estado español en xaneiro do ano 2023, cómpre levar a cabo as actuacións necesarias para que o programa Leader poida desenvolverse ao abeiro do dito Plan estratéxico a partir do ano 2023. Para iso, é necesario seleccionar os grupos de desenvolvemento rural que colaborarán coa administración autónomica na medida Leader, sen prexuízo de que o seu recoñecemento como entidade colaboradora se produza unha vez o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 se atope en vigor. Desta forma, será posible igualmente avanzar nas accións preparatorias necesarias para elaborar as estratexias de desenvolvemento local que incluirán as actuacións prioritarias da medida Leader no novo período 2023-2027. Neste sentido, de conformidade co artigo 4 do Regulamento 2020/2220, o Feader poderá apoiar os gastos de desenvolvemento de capacidades e accións preparatorias en apoio do deseño e a futura aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo baixo o novo marco xurídico, que se corresponde co ámbito de aplicación da actual medida 19.1, tal como se establece no artigo 35.1.a) do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Neste sentido, cómpre sinalar que no citado Plan estratéxico da PAC 2023-2027, a intervención Leader contribúe inicialmente ao obxectivo específico 8 (OE8) Promover o emprego, o crecemento, a inclusión social e o desenvolvemento local nas zonas rurais, incluíndo a bioeconomía e a silvicultura sustentable e atende á necesidade OE 8N06.-Asegurar e fomentar a implementación dun desenvolvemento endóxeno e a xeración de valor engadido asociado á metodoloxía participativa.

Esta axuda inclúe os custos da axuda preparatoria, que estarán referidos á creación de capacidades e ás actuacións das organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, á formación e ao establecemento de redes con miras á preparación e posta en práctica dunha estratexia de desenvolvemento local participativo. Os devanditos custos poderán incluír, entre outros, os estudos relativos á zona en cuestión, as accións de fomento da participación dos distintos axentes do territorio, as accións de formación para as partes interesadas locais e, en xeral todos aqueles custos de funcionamento e de persoal necesarios para elaborar unha proposta de estratexia de desenvolvemento local participativo.

Por outra parte, as bases reguladoras tamén recollen regras para a aprobación das estratexias de desenvolvemento local e das correspondentes entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027.

Desde o punto de vista competencial, o artigo 6.1.j) do Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, atribúelle ao Consello de Dirección da Axencia a competencia para decidir sobre todas as cuestións relacionadas coa actividades propias da axencia.

Por todo o anterior, o Consello de Dirección de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, logo da tramitación do expediente nos termos legais e regulamentarios establecidos pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local.

As citadas bases incorpóranse a este acordo como anexo a este acordo.

Segundo. Convocar, de acordo coas bases reguladoras, o procedemento para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local.

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se xunta a este acordo como anexo D nos termos previstos no artigo 11 das bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Para o financiamento dos gastos necesarios para a adquisición de capacidades e as accións preparatorias sinaladas das organizacións seleccionadas como candidatas a entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o novo período 2023-2027, prevese a seguinte dotación orzamentaria con cargo ás anualidades 2022 e 2023, correspondentes a fondos Feader do vixente PDR 2014-2020, de acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1307/2013 no que respecta aos seus recursos e á súa aplicación nos anos 2021 e 2022 e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e á distribución da dita axuda nos anos 2021 e 2022.

Acción/submedida

Aplicación xunta

Proxecto contable

Anualidade

Orzamento Feader

Orzamento gasto público total (€)

01/19/10

14.A1.712A.781.0

2016 00003

2022

472.500

630.000,00

01/19/10

14.A1.712A.781.0

2016 00003

2023

157.500

210.000,00

Totais

840.000,00

A axuda máxima para cada organización seleccionada e, polo tanto, beneficiaria da axuda, será de 30.000,00 euros para os gastos correspondentes ás letras a), b) e c) da epígrafe 6.3, e de 5.000,00 euros para a letra d) da mesma epígrafe. A contía total repartirase entre as anualidades 2022 e 2023, de acordo coas dúas fases da xustificación da subvención, previstas no artigo 31 destas bases, correspondendo o 75 % da axuda á anualidade 2022 (1ª fase da xustificación) e o 25 % restante á anualidade 2023 (2ª fase da xustificación).

O financiamento das axudas recollidas na presente resolución, cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75 %, efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 14.A1.712A.781.0 (CP 2016 00003).

Terceiro. Aprobar os formularios para a xestión do procedemento, que se inclúen como anexos D, E, F, G, H e I.

Cuarto. Delegar na persoa titular da Dirección Xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a competencia para convocar un segundo procedemento de selección de entidades candidatas a adquirir a condición de Grupo de Desenvolvemento Rural, nas circunstancias e condicións previstas nas bases reguladoras.

Así mesmo, delégase na persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a competencia para establecer as condicións e obxectivos para garantir a idónea execución do programa Leader, para definir regras de elaboración das estratexias, para establecer os criterios de puntuación aplicables aos territorios das estratexias que resulten seleccionadas, para o recoñecemento de entidades colaboradoras, para a concesión de axudas e para a selección das estratexias de desenvolvemento local, así como para a distribución de fondos entre estas.

Quinto. Facultar a persoa titular da Dirección Xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para ditar as instrucións necesarias para a correcta aplicación e cumprimento deste acordo, o cal está sometido ás disposicións que lle resulten de aplicación no Plan estratéxico da PAC para o período 2023-2027 (PE PAC 2023-2027), unha vez que este se atope aprobado. Prevese, polo tanto, a posibilidade de modificación deste acordo en función do que estableza o dito plan.

Contra este acordo os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados igualmente desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

En relación con este procedemento administrativo, poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

– Páxina web de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: http://agader.xunta.es

–Teléfono: 981 54 73 62.

– Enderezo electrónico:

agader.subdireccionrelacionsgal@xunta.es e area.apoio.agader@xunta.es

ANEXO

Bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto e actuacións subvencionables

O obxecto das presentes bases reguladoras é establecer as normas para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras da medida Leader de Galicia para o novo período de programación da política agrícola común (2023-2027), que levará asociada a concesión de axudas para o apoio aos gastos de adquisición de capacidades e accións preparatorias para o deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o dito período.

A selección e a concesión da axuda ten como obxectivo que a organización desenvolva todas as actuacións preparatorias necesarias que permitan a elaboración dunha proposta de Estratexia de desenvolvemento local para o seu territorio.

Ademais, a indicada selección e desenvolvemento das actuacións obxecto da axuda posibilitarán que a organización poida optar ao seu recoñecemento como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na xestión da medida Leader Galicia 2023-2027, unha vez entre en vigor o Plan estratéxico da PAC 2023-2027, sempre que cumpra as condicións establecidas nestas bases, así como as que se poidan fixar posteriormente e sexan derivadas do dito plan estratéxico.

O código de procedemento deste procedemento é o MR701F.

Artigo 2. Réxime xurídico

1. Para o non establecido nestas bases, aplicarase o previsto nas seguintes normas:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

f) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

h) Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 10.12.2021.

i) Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 y (UE) nº 1307/2013.

j) Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposición comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os citadas Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade interiro e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras y a Política de Visados, aplicable nos termos recollidos no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 2021/2115.

k) Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello.

l) Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

m) Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

n) Regulamento (UE) nº 2020/2220, do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013,e (UE) nº 1307/2013 no que respecta aos seus recursos e á súa aplicación no anos 2021 e 2022 e o Regulamento (UE) nº 1308/2013, no que respecta aos recursos e á distribución da dita axuda nos anos 2021 e 2022.

2. En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 3. Definicións

Para os efectos destas bases, enténdese por:

a) Grupo de desenvolvemento rural (GDR): entidade colaboradora da Administración na xestión da medida Leader, de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, tamén coñecida como grupo de acción local (GAL), integrada por un conxunto equilibrado e representativo de socios públicos e privados locais dun territorio rural determinado e que deseñe e aplique unha estratexia de desenvolvemento local para o seu territorio.

b) Estratexia de desenvolvemento local: programa de desenvolvemento local participativo elaborado por un GDR, no que se define unha estratexia integrada e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenos do territorio e se determina o procedemento para a súa aplicación.

As estratexias de desenvolvemento local teñen en conta, no seu deseño, a consolidación e fomento do emprego, a innovación, a mellora e creación de servizos para a poboación, a igualdade e a integración social. As estratexias de desenvolvemento local tamén poden establecer as súas propostas relativas ao tratamento dos obxectivos transversais de mellora e conservación do ambiente, adaptación e mitigación do cambio climático e a necesidade dunha transición a unha sociedade que diminúa as súas emisións de carbono. Ademais, as estratexias inclúen o gasto público previsto para o seu desenvolvemento, desagregado en investimentos materiais e inmateriais e gasto corrente. No gasto de investimento, distínguese entre o gasto que se destinará, como máximo, a promotores públicos e o gasto destinado a promotores privados. No gasto corrente distinguirase entre formación e outros gastos.

c) Accións preparatorias: todos os traballos previos necesarios que lles posibiliten, ás organizacións seleccionadas ao abeiro desta resolución, a preparación dunha proposta de estratexia coherente e aplicable no seu territorio, como paso previo ao seu recoñecemento, de ser o caso, como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na medida Leader para o novo período 2023-2027. As accións preparatorias terán como obxectivos xerais a creación de capacidades, formación e o establecemento de redes con miras á preparación e posta en practica dunha estratexia de desenvolvemento local.

d) Organización solicitante: entidade que solicita ser seleccionada e ser beneficiara de axudas para o desenvolvemento das accións preparatorias da medida Leader para o período 2023-2027 no territorio proposto por ela, no marco do procedemento establecido nestas bases, o que poderá conducir ao seu recoñecemento posterior, de ser o caso, como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na medida Leader para o novo período 2023-2027.

e) Organización seleccionada e beneficiaria: entidade que foi seleccionada no marco do procedemento establecido nestas bases para desenvolver as actuación preparatorias de cara a elaborar una proposta de estratexia de desenvolvemento local, e que foi beneficiaria dunha axuda para o financiamento das ditas actuacións.

f) Intervención: instrumento de axuda acompañado dunha serie de condicións de subvencionabilidade especificadas por un Estado membro no seu plan estratéxico da PAC, conforme un tipo de intervención recollido no Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 y (UE) nº 1307/2013.

g) Sector agrario: sector económico que inclúe os ámbitos referidos ás actividades agrícolas, forestais, gandeiras e mixtas.

h) Asociacións de acción social: asociacións cuxo obxecto social estea referido, fundamentalmente, á protección e/ou apoio de colectivos vulnerables ou desfavorecidos como persoas con discapacidade, persoas inmigrantes, persoas en risco de exclusión social, minorías étnicas con dificultades de integración social, coidado de persoas maiores, etc.

i) Asociacións de mulleres: asociacións cuxo obxecto social estea referido, fundamentalmente, á protección e apoio deste colectivo, así como á defensa dos dereitos e intereses que lle son propios e que estean compostas, principalmente, por mulleres.

j) Asociacións de mozos: asociacións cuxo obxecto social estea referido, fundamentalmente, á protección e apoio deste colectivo, así como á defensa dos dereitos e intereses que lle son propios e que estean compostas, principalmente, por mozos.

k) Mozos: persoas menores de 41 anos.

l) Asociacións do sector cultural: asociacións cuxo obxecto social estea referido, fundamentalmente, á protección e apoio da cultura propia do territorio do GDR en calquera das súas manifestacións.

Artigo 4. Financiamento

O financiamento destas axudas enmárcase dentro da medida 19.1 (axuda preparatoria) do PDR de Galicia 2014-2020, ao abeiro do establecido no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 2020/2220 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de decembro de 2020, polo que se establecen determinadas disposicións transitorias para a axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022, e polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1305/2013, (UE) nº 1306/2013 e (UE) nº 1307/2013 no que respecta aos seus recursos e á súa aplicación nos anos 2021 e 2022 e o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que respecta aos recursos e á distribución da dita axuda nos anos 2021 e 2022.

Artigo 5. Requisitos para adquirir a condición de organización seleccionada e beneficiaria

Poderán optar á selección como entidade candidata ao recoñecemento como entidade colaboradora na medida Leader e Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), así como ás axudas definidas nestas bases as organizacións, de natureza asociativa, que cumpran as condicións de admisibilidade especificadas nas epígrafes seguintes.

5.1. Condicións xerais de admisibilidade.

As entidades solicitantes deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Ter a forma xurídica de asociación sen ánimo de lucro, con suxeición á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

As organizacións solicitantes poderán ser organizacións de nova creación ou existentes, incluídas as entidades que xa tivesen a condición de GDR no anterior ou anteriores períodos de programación do Leader en Galicia

As entidades de nova creación ou as que procedan a modificar os seus estatutos con
suxeición aos requirimentos destas bases deberán estar inscritas no rexistro de asociacións correspondente na data da presentación da solicitude.

b) Estar compostas por un conxunto de interlocutores, públicos e privados, con arraigo no territorio, de xeito equilibrado e representativo tanto desde o punto de vista sectorial como territorial. As organizacións solicitantes deberán documentar que seguiron un proceso participativo e aberto a todos os axentes públicos e privados do territorio e ademais os interlocutores participantes deberán garantir unha participación equilibrada dos seus representantes en canto a xénero. Esta metodoloxía participativa debe acreditarse desde o inicio das actuacións postas en marcha para todas as organizacións solicitantes.

Tendo en conta que a selección de organizacións solicitantes se refire ao vindeiro período de programación, 2023-2027, aquelas organizacións solicitantes que xa fosen recoñecidas como entidades colaboradoras conforme o anterior ou anteriores períodos de programación Leader en Galicia tamén deberán acreditar o disposto neste punto.

Poderán ser socias as entidades públicas e administracións públicas, así como as comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común, sempre que se pronuncie expresamente a favor a súa asemblea xeral, as asociacións e organizacións profesionais, as entidades sen ánimo de lucro e as organizacións profesionais agrarias con presenza no ámbito territorial correspondente

En ningún caso poderán formar parte destas organizacións solicitantes as persoas físicas e as sociedades mercantís, con excepción das seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.

Entre os socios das organizacións solicitantes deberán figurar, polo menos, a maioría dos concellos do territorio que conforme a futura estratexia.

Na composición das organizacións solicitantes rexerá o principio de portas abertas. Para estes efectos, os respectivos estatutos deberán garantir a incorporación, tanto na constitución, se é o caso, como ao longo de todo o período de execución da estratexia, de todas aquelas entidades con implantación local ou provincial, con presenza directa no territorio, que, reunindo os requisitos exixidos para adquirir a condición de asociados, soliciten a súa incorporación. As organizacións solicitantes requirirán ás entidades que soliciten a súa incorporación como asociados que acrediten, como mínimo, un ano de actividade no ámbito territorial correspondente.

c) Non ter na súa composición ningún grupo de interese concreto, nin autoridades públicas, que representen máis do 49 % dos dereitos de voto na toma de decisións.

En todo caso, na xunta directiva ou órgano decisorio similar estarán necesariamente representados, cando menos, os seguintes colectivos, sempre e cando sexan socios
das organizacións solicitantes e desexen formar parte da citada xunta directiva ou órgano decisorio similar:

1º. As asociacións de mulleres.

2º. As asociacións de mozos.

3º. As asociacións de acción social.

4º. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente.

5º. As asociacións do sector agrario, incluíndo as organizacións profesionais agrarias.

6º. As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais.

7º. As asociacións do sector cultural, educativo ou etnográfico.

8º. O sector público.

Ademais, nas reunións da xunta directiva ou do órgano decisorio similar poderá participar, con voz, pero sen voto, unha persoa técnica en desenvolvemento rural designada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

d) Contar con estatutos que conteñan as regras necesarias relativas ao cumprimento dos
requisitos xerais previstos nas alíneas b) e c) e, necesariamente, deberán prever as
seguintes regras referidas ao sistema de toma de decisións e elección de cargos:

1º. Todos os asociados son elixibles para calquera dos cargos dos órganos decisorios, cuxa elección terá que facerse a través de canles democráticas.

2º. No proceso de toma de decisións, cada membro dos órganos decisorios ten un voto.

3º. Para os efectos de adopción de acordos, os órganos decisorios só estarán validamente constituídos cando os representantes do sector privado supoñan, como mínimo, o 51 % dos membros presentes ou representados.

4º. Na toma de decisións, os representantes das entidades directamente interesadas no asunto non poderán estar presentes nas deliberacións e votacións. Por outra parte, deberá garantirse que se evite calquera conflito de intereses, de xeito que se arbitrará un mecanismo para que, nas tomas de decisións dos órganos das organizacións solicitantes, as declaracións de intereses queden perfectamente documentadas e formen parte do expediente.

5º. A xunta directiva ou órgano decisorio similar constará dun mínimo de 21 membros e dun máximo de 25, dos que, polo menos, un deberá representar cada un dos colectivos cuxa presenza é obrigatoria na xunta directiva ou órgano decisorio similar, sempre que sexan socios das organizacións solicitantes e desexen formar parte dela, garantindo, en todo momento, a pluralidade e a diversidade na súa composición.

Neste sentido, a asemblea xeral será o órgano decisorio que estableza, dentro dos requisitos e limitacións establecidas nestas bases, a exacta composición da xunta directiva ou órgano decisorio similar, en función do peso de cada un dos colectivos na estratexia do grupo.

e) Axustar a súa actividade aos principios de colaboración, obxectividade, imparcialidade, eficacia, eficiencia, transparencia, publicidade e libre concorrencia.

f) Ter capacidade para definir unha estratexia de desenvolvemento local para o novo período 2023-2027 no territorio e para asumir as tarefas de colaboración na súa xestión, así como a eficacia dos mecanismos de funcionamento, de toma de decisións, e a transparencia na atribución de funcións e responsabilidades.

5.2. Ámbito territorial.

1. Terá a consideración de territorio elixible o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, agás os seguintes ámbitos:

– As entidades singulares de poboación (unidades de poboación) que superan os 6.000 habitantes nas provincias da Coruña e de Pontevedra.

– Nas provincias de Lugo e de Ourense unicamente se excluirán como territorio elixible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes.

– Os termos municipais dos concellos de Vigo e da Coruña exclúense na súa totalidade como territorio elixible, tendo en conta que no territorio dos ditos concellos se atopa un alto grao de influencia urbana, derivada da presenza das dúas cidades máis grandes do territorio galego.

– Por outra parte, tamén se exclúen do territorio elixible os parques empresariais situados no territorio dos concellos de Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra.

A listaxe de entidades singulares de poboación excluídas reflíctese no anexo B destas bases.

Para o cómputo do número total de habitantes das entidades singulares de poboación do territorio galego, téñense en conta os datos oficiais correspondentes ao ano 2020 do Instituto Nacional de Estatística (INE).

A poboación de cada territorio elixible deberá estar comprendida, polo xeral, entre 15.000 e 160.000 habitantes, salvo que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural autorice, de xeito excepcional e motivadamente, unha alteración dos citados limiares mínimos e/ou máximos.

2. Modificación da proposta inicial de organización territorial.

A distribución territorial que propón inicialmente a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural recóllese no anexo A destas bases reguladoras.

En calquera momento da fase previa ao recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras, os axentes públicos e privados das organizacións candidatas poderán propoñer á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha distribución territorial alternativa á proposta inicialmente no anexo A destas bases reguladoras. Neste caso, deberá achegarse a documentación seguinte:

a) Acordo plenario do concello ou concellos que pretendan a integración nun GDR distinto ao proposto inicialmente pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O citado acordo plenario deberá acreditarse mediante a presentación do correspondente certificado.

b) Acordo expreso da maioría das asociacións ou fundacións que teñan sede social no ámbito territorial pertencente aos concellos que pretendan a integración nun GDR distinto ao proposto inicialmente pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e que, figurando debidamente inscritas no rexistro correspondente, poidan acreditar por calquera medio admitido en dereito que teñen actividade real no territorio. As asociacións ou fundacións ás que se fai referencia neste punto deben corresponderse coas entidades cuxa representación na xunta directiva da organización é necesaria, nos termos indicados no artigo 5.1 das bases reguladoras: as asociacións de mulleres, as asociacións de mozos, as asociacións de acción social, as asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente, as asociacións do sector agrario (incluíndo as organizacións profesionais agrarias), as asociacións de empresarios e de profesionais e as asociacións do sector cultural, educativo ou etnográfico. O acordo expreso destas entidades deberá acreditarse mediante a presentación dos correspondentes certificados referidos aos acordos adoptados nas súas respectivas asembleas xerais.

c) Acordo da asemblea xeral da organización que se corresponda co «territorio de destino». Por tanto, a organización aspirante a obter a condición de GDR correspondente ao territorio de destino poderá adoptar o acordo de incorporar ao seu ámbito territorial o territorio do concello ou concellos que pretendan unirse, mediante acordo que se adopte na súa asemblea constituínte ou, se é o caso, mediante acordo asembleario unha vez constituída a organización candidata. O acordo da asemblea xeral deberá acreditarse mediante a presentación do correspondente certificado referido á adopción do citado acordo.

A modificación das áreas de actuación propostas nestas bases será factible cando a dita modificación se refira a unha área que presente contigüidade territorial.

Os territorios correspondentes aos GDR resultantes, tanto o GDR de orixe coma o GDR de destino, deberán situarse dentro dos limiares establecidos en canto a poboación, a cal deberá estar comprendida, polo xeral, entre 15.000 e 160.000 habitantes, salvo que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural autorice, de xeito excepcional e motivadamente, unha alteración dos citados umbrais mínimos e/ou máximos.

Unicamente se admitirán modificacións do ámbito territorial que afecten á totalidade do territorio do concello ou concellos implicados na modificación que se propoña.

En ningún caso, as modificacións respecto do mapa territorial definido no anexo A destas bases poderán supoñer un incremento no número de GDR que poidan ser seleccionados.

Artigo 6. Gastos subvencionables

6.1. Cuestións xerais.

Os gastos subvencionables correspondentes á axuda que se conceda ás entidades seleccionadas incluirán os gastos de desenvolvemento de capacidades e accións preparatorias en apoio do deseño e futura aplicación das estratexias de Desenvolvemento local participativo baixo o novo marco xurídico da política agrícola común, que consistirán principalmente na análise dos resultados dos programas anteriores, a formación e o establecemento de redes con miras á preparación e posta en práctica dunha estratexia de desenvolvemento local participativo. Co fin de optimizar os resultados da medida Leader en Galicia no período 2023-2027, requírese que a preparación das diferentes estratexias de desenvolvemento local estea coordinada a través dunha asociación de GDR de Galicia que agrupe polo menos a dous terzos dos GDR de Galicia.

6.2. Actuacións que deberán desenvolver as organizacións seleccionadas.

As entidades seleccionadas desenvolverán as seguintes actuacións:

a) Elaboración dunha análise e diagnóstico do contexto territorial, socioeconómico e normativo, para o que se desenvolverán eventos, consultas, reunións, e outros procesos de participación activa tanto cos grupos de interese da entidade ou institucións doutros territorios cuxa utilidade sexa manifesta para a correcta configuración das accións preparatorias.

b) Elaboración dunha análise exhaustiva da evolución dos programas europeos de desenvolvemento rural nos períodos de programación anteriores, para identificar éxitos e propostas de mellora que permita propoñer estratexias e procedementos innovadores, adaptados á nova realidade do territorio e ao marco normativo vixente.

c) Deseño de liñas estratéxicas e propostas de actuación para incluír na futura estratexia, coherentes coas características, necesidades e potencialidades do territorio afectado.

d) Análise do novo marco normativo e institucional, e impacto previsible na futura estratexia, centrado no ámbito territorial correspondente.

e) Análise da situación actual de uso e xestión do territorio correspondente, centrado nas posibilidades de recuperación da terra agraria.

f) Análise das posibilidades de cooperación con outros territorios.

g) Propostas de coordinación coas restantes propostas de estratexias de desenvolvemento local de Galicia.

h) Plans de animación, que incluirá o desenvolvemento de accións para involucrar os actores locais para deseñar as liñas estratéxicas: actividades de formación e de animación; asesoramento; fomento da participación en proxectos piloto e, en xeral, fomento das capacidades dos actores locais de xestión dos proxectos.

i) Análise e proposta de proxectos piloto en prol do desenvolvemento rural, que poidan servir de exemplo replicable dentro do territorio da entidade seleccionada, ou mesmo en toda a Comunidade Autónoma.

j) Obxectivos.

k) Plan de acción.

l) Normas para a xestión da estratexia de desenvolvemento local, Plan de seguimento e Plan financeiro do gasto público previsto.

6.3. Gastos subvencionables.

Os gastos subvencionables serán da seguinte tipoloxía:

a) Gastos de persoal da organización seleccionada necesarios para realizar as accións necesarias para describir a súa estrutura, o territorio que será obxecto da aplicación da futura estratexia e o proceso participativo. Os gastos de persoal serán as retribucións salariais e as cotizacións da Seguridade Social.

As organizacións seleccionadas que xa teñan á data da publicación destas bases reguladoras a condición de entidades colaboradoras ao abeiro da medida Leader do PDR de Galicia 2014-20 poderán imputar as retribucións salariais e as cotizacións da Seguridade Social de cada unha das persoas do seu equipo xestor ata un máximo do 50 % dos citados custos, de acordo cos requisitos seguintes:

– O importe total das retribucións salariais que se poidan imputar con cargo á medida Leader (a través de calquera das súas submedidas: 19.1 e/ou 19.4) deberá respectar os límites establecidos na cláusula 8ª do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o GDR.

– A porcentaxe de retribucións salariais que se poida imputar con cargo ao establecido neste artigo deberá estar en relación directa co tempo da xornada laboral que dedique, en cómputo mensual, o persoal dos equipos xestores ás tarefas obxecto destas bases reguladoras, debendo xuntarse, de cara á xustificación destes gastos, unha memoria descritiva completa que indique, polo menos, as tarefas desenvolvidas e o tempo empregado nestas, a cal será asinada polo presidente da entidade.

b) Gastos de desprazamento ou gastos asociados ás reunións dos órganos de decisión necesarios para levar a cabo as funcións por parte das organizacións seleccionadas. Tanto as axudas de custo como os gastos por desprazamentos limitaranse ás contías máximas que se establezan na normativa referida ás indemnizacións por razóns do servizo da Comunidade Autónoma de Galicia para o grupo 2º.

c) Gastos para a elaboración de estudos, informes e asistencias técnicas que sexan necesarias para o coñecemento e descrición do territorio e para o proceso participativo das organizacións seleccionadas.

d) Gastos derivados dos traballos de coordinación da proposta de estratexia de desenvolvemento local a través dunha asociación de GDR de Galicia que agrupe, polo menos, a dous terzos dos GDR de Galicia.

Non terán a consideración de gastos subvencionables o IVE recuperable, nin os demais impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación segundo a normativa nacional vixente.

Só serán elixibles os gastos incorridos a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) destas bases reguladoras.

Artigo 7. Contía da subvención

A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables de desenvolvemento de capacidades e accións preparatorias en apoio do deseño e futura aplicación das estratexias de Desenvolvemento local participativo indicados no artigo anterior, logo de xustificación, de acordo co establecido no artigo 31 destas bases reguladoras.

Artigo 8. Criterios de avaliación das solicitudes de selección

1. Os criterios para a puntuación dos solicitudes serán os seguintes:

1. Estrutura da organización solicitante. Ata 30 puntos.

Tendo en conta a documentación sinalada no artigo 12.1.e), será obxecto de valoración as seguintes características da organización constituída:

– Representatividade dos socios que a integran: grado de implicación dos sectores económicos (empresariais, sindicais e sectoriais), sociais e culturais representativos da zona en cuestión. Concederanse ata 20 puntos.

– Relación de concellos e entidades públicas. Concederanse ata 5 puntos se a proposta conta cun número de concellos e entidades públicas superior ao mínimo obrigatorio segundo o indicado no artigo 5.1 destas bases reguladoras no que di que «Entre os socios das organizacións solicitantes deberán figurar, polo menos, a maioría dos concellos do territorio que conforme a futura estratexia».

– Representación da muller nos órganos directivos do grupo. Concederanse 5 puntos se as mulleres supoñen máis da metade dos membros e 2 puntos se a proporción de mulleres se atopa entre o terzo e a metade dos membros do órgano directivo.

2. Descrición do proceso participativo das organizacións solicitantes. Ata 20 puntos.

Serán obxecto de valoración os seguintes aspectos do proceso participativo previsto para a elaboración da estratexia de desenvolvemento local e descrito na memoria explicativa regulada no punto g) do artigo 12:

– Procedemento que se utilizará para a definición, identificación e clasificación dos axentes seleccionados para a participación, así como para garantir que os axentes identificados e contactados aseguren a representatividade de todos os grupos sociais e sectores económicos do ámbito xeográfico. Máximo de 5 puntos.

– Cronograma de actividades de participación e características das técnicas de investigación social que se aplicarán. Máximo de 10 puntos.

– Metodoloxía que se empregará para o tratamento e a análise da información. Máximo de 5 puntos.

3. Proposta de actuacións para a elaboración da análise e diagnóstico do ámbito territorial, dos resultados dos programas de desenvolvemento rural anteriores, do marco normativo e institucional e do uso e xestión do territorio. Ata 20 puntos.

Valorarase a metodoloxía proposta na memoria explicativa regulada no punto h) do artigo 12 para abordar a elaboración da análise e os contidos descritos nas epígrafes B, C, D e E do anexo C.

4. Proposta para a coordinación coa estratexia global de desenvolvemento rural de Galicia. Ata 20 puntos.

Valorarase o grao de definición, o número e as características dos procedementos e actuacións que se levarán a cabo durante os traballos de elaboración da proposta de estratexia co fin de asegurar a coordinación coas restantes estratexias dos GDR do territorio galego.

5. Proposta para o deseño dos proxectos piloto e a definición dos obxectivos e o plan de acción. Ata 10 puntos.

Valorarase a metodoloxía proposta na memoria explicativa regulada no punto h) do artigo 12 para abordar o deseño e elaboración dos contidos descritos nas epígrafes G, H e I do anexo C.

2. A aplicación destes criterios de selección quedará condicionada á aprobación definitiva dos mesmos pola autoridade de xestión do PDR, logo de consulta ao Comité de Seguimento, de acordo co establecido no artigo 49 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello.

Artigo 9. Réxime de compatibilidade das subvencións

Tendo en conta a intensidade da axuda establecida no artigo 7 destas bases, estas axudas non son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas.

Artigo 10. Procedemento

1. O procedemento para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a selección de estratexias de desenvolvemento local e das citadas entidades colaboradoras tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na convocatoria. Porén, poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles na convocatoria, quedando este incremento condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os mecanismos e as medidas para aplicar no procedemento para reducir o risco de fraude e de corrupción e os conflitos de intereses ateranse ao previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será o establecido na convocatoria citada no punto segundo do acordo.

3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá á organización solicitante para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días hábiles, e indicaralle que, se así non o fixer, considerarase que desiste da súa solicitude, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 12. Documentación complementaria

1. As organizacións deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da personalidade da persoa solicitante e, de ser o caso, da representación desta:

Esta acreditación realizarase mediante un certificado expedido polo rexistro público que corresponda, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.

De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a copia do NIF, no caso de denegar expresamente a súa consulta.

b) Certificado do órgano competente no cal se especifique o acordo polo que se autorizou o representante para formular a solicitude. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.

c) Acta de constitución e copia dos estatutos e, se for o caso, normas de funcionamento interno.

d) Certificado de inscrición da asociación no rexistro administrativo correspondente.

e) Documentación relativa á organización solicitante e asociados:

1º. Certificación de socios públicos e privados en activo (indicando denominación, sector de actividade, NIF, domicilio social e ámbito territorial, número de asociados, tipo de
entidade, adhesión de cada socio, nome do representante, data de constitución).

2º. Certificado das persoas que integran os órganos de goberno, entidade á que representan e cargos que exercen.

3º. Proposta das accións para a promoción da participación das mulleres nos órganos de goberno e nas tomas de decisións.

4º. Proposta das accións que se realizarán para garantir a participación activa dos socios, especificando as comisións sectoriais, de ser o caso, así como medidas de responsabilidade social corporativa.

f) Memoria explicativa da delimitación do territorio que inclúa:

1º. Lista de municipios que compoñen a proposta de zona de actuación con información
relativa na poboación que abranguería a futura estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) (censo 2020). Criterios e xustificación da delimitación da zona realizada polo candidato. Mapa do ámbito xeográfico da zona de actuación.

2º. Xustificación da cohesión funcional, para o cal se caracterizarán e identificarán os
factores xeográficos, económicos, sociais e culturais que contribúen á cohesión e o grao de
homoxeneidade. De ser o caso, xustificación de non cumprir os límites xerais de poboación.

g) Memoria explicativa coa proposta do proceso participativo que se levaría a cabo, en caso de ser seleccionada, para as actuacións preparatorias dunha estratexia de desenvolvemento local.

As organizacións solicitantes deberán propoñer e describir o procedemento que se empregará para o proceso participativo. En concreto, deberán detallarse, como mínimo, os seguintes contidos:

– Definición, identificación e clasificación dos axentes seleccionados para a participación. Deberá describirse o procedemento que se utilizará para garantir que os axentes identificados e contactados aseguren a representatividade de todos os grupos sociais e sectores económicos do ámbito xeográfico.

– Talleres, encontros, xornadas e outras actividades de participación que se levarán a cabo. Descrición das técnicas de investigación social que se aplicarán: enquisas, entrevistas, grupos focais, etc.

– Metodoloxía que se empregará para o tratamento e a análise da información obtida no proceso participativo.

h) Memoria explicativa na que se indique como afrontaría, en caso de ser seleccionada, as actuacións preparatorias dunha estratexia de desenvolvemento local.

A memoria deberá referirse a como se levarían a cabo os traballos necesarios para a elaboración dos contidos da estratexia descritos no anexo C, en caso de resultar seleccionada. A memoria deberá estruturarse nas epígrafes indicados no anexo C e deberá ter un extensión máxima de 5 páxinas, en formato Arial 11 e espaciado 1,5 liñas para cada epígrafe.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo dos documentos e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Solicitarase consentimento expreso para realizar a consulta do NIF da entidade solicitante e para a consulta do certificado de estar ao corrente de pagamento de débedas tributarias coa AEAT.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Órganos competentes

1. O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención é a Subdirección de Relacións cos GDR da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

En particular, o órgano instrutor recibirá as solicitudes e comprobará os seus requisitos formais. Así mesmo, encargarase de elevar as propostas de resolución, provisionais e definitivas, analizará as alegacións e os documentos presentados. O órgano instrutor poderá solicitar a información e documentación que considere para a elaboración das propostas de resolución que correspondan.

2. A Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, actuando por Delegación do Consello de Dirección da dita axencia, ditará as resolucións de selección de entidades colaboradoras, de concesión de axudas e de selección de estratexias de desenvolvemento local e de entidades colaboradoras, así como de distribución de fondos entre as estratexias de desenvolvemento local. Estas resolucións porán fin ao procedemento administrativo.

3. O Comité de Avaliación previsto nestas bases valorará as solicitudes de selección e as estratexias de desenvolvemento local presentadas polas entidades seleccionadas e elaborará unha relación coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos nos artigos 8 e 21 destas bases.

Artigo 16. Comité de Avaliación

1. Para a análise e valoración das solicitudes de selección presentadas polas organizacións solicitantes, así como para a valoración das estratexias de desenvolvemento local, a persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural designará un Comité de Avaliación. Non poderán formar parte dela as persoas que posúan a condición de alto cargo nin o persoal eventual. A Comisión de Valoración axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

No momento da constitución do comité, as persoas integrantes deixarán constancia da ausencia dun conflito de intereses respecto das entidades solicitantes da subvención, feito que poderá ser manifestado mediante unha declaración expresa ou mediante unha manifestación na acta de constitución.

Para o caso de, con posterioridade á formulación de tales declaracións responsables, se coñecese un posible conflito de intereses, a persoa da comisión na que concorra tal circunstancia absterase de participar no procedemento, comunicarao ao superior xerárquico; e substituirase por outra seleccionada entre o seu persoal, ou entre o persoal doutro departamento non dependente, segundo corresponda.

2. O Comité de Avaliación estará integrado por:

a) Presidente/a: a persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ou persoa en quen delegue.

b) Vogais:

– Unha persoa en representación da autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020.

– As persoas titulares da Secretaría Xeral e da Subdirección de Relacións cos GDR da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

– Unha persoa en representación de cada un dos seguintes departamentos da Consellería do Medio Rural: Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias.

– Unha persoa en representación da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.

– Unha persoa en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

c) Secretario: (con voz pero sen voto): o/a xefe/a da Área Xurídica da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

O/a presidente/a poderá invitar a participar nas reunións do Comité de Avaliación a aquelas persoas que, pola súa condición de expertos, considere oportuno, que asistirán con voz, pero sen voto.

3. A través do órgano instrutor, o Comité de Avaliación poderá requirir os solicitantes
toda a información que considere necesaria para verificar o cumprimento das condicións e
requisitos exixidos, que deberá ser remitida no prazo máximo de dez días naturais
desde a recepción do requirimento pola organización solicitante.

4. En caso necesario, abrirase un diálogo cos solicitantes co fin de introducir as modificacións, melloras ou correccións na documentación presentada que sexan necesarias, co obxectivo de dar maior cohesión, alcance e representatividade ás asociacións concorrentes aos territorios implicados, ou para dar coherencia ao conxunto das futuras estratexias proxectadas na comunidade autónoma. Incluirase a posibilidade de fusión ou integración de asociacións e/ou redefinicións territoriais.

Como consecuencia deste diálogo, a organización poderá presentar modificacións ou
melloras da documentación presentada facendo expresa referencia a todas as cuestións que resultaron incorporadas ou modificadas en referencia ao grupo ou territorio.

5. O Comité de Avaliación elevará o resultado da avaliación á persoa titular da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural nos seguintes prazos:

a) Para a valoración das entidades solicitantes, dous meses contados a partir da finalización do prazo de vencemento da presentación de solicitudes.

b) Para a valoración das estratexias de desenvolvemento local, dous meses contados a partir da finalización do prazo de vencemento da presentación polas entidades seleccionadas da documentación relativa á estratexia que se recolle no artigo 20.3 destas bases reguladoras.

Artigo 17. Proposta de resolución de selección e de concesión de axudas

O órgano instrutor do procedemento elaborará unha proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas, así como do ámbito territorial incluído nelas e, polo tanto, propoñendo a selección e a asignación da axuda correspondente á solicitude que acade maior puntuación en cada ámbito territorial.

Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados, para que no prazo de dez días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as facilitadas polos interesados. En particular, darase trámite de audiencia cando se prevexa unha alteración do ámbito territorial sinalado no anexo A destas bases reguladoras, co fin de que as organizacións interesadas poidan efectuar alegacións.

Unha vez concluído o trámite de audiencia, o Comité de Avaliación confeccionará a listaxe definitiva na que se indique a puntuación resultante para cada solicitude, así como o ámbito territorial finalmente proposto. A anterior listaxe dará lugar á relación definitiva das entidades que se propoñen para a súa selección e concesión de axudas, de acordo cos artigos seguintes, que será incluída na proposta que o órgano instrutor eleve á persoa titular da Dirección Xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Non obstante, establécese como puntuación mínima para que a organización solicitante poida ser seleccionada e, polo tanto, beneficiaria da axuda, 50 puntos, correspondentes á valoración realizada pola Comité de Avaliación.

A proposta de resolución expresará de forma motivada a relación de entidades para as cales se propón a súa selección, así como a axuda proposta.

Expresará tamén, de forma motivada, a relación de solicitudes para as cales non se propón a súa selección, por falta de documentación, por non reunir os requisitos mínimos necesarios (condicións de admisibilidade) establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras ou por non acadar a puntuación mínima indicada anteriormente.

Artigo 18. Resolución

1. O órgano instrutor do procedemento elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a cal resolverá a selección das organizacións e a concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

2. A resolución de selección e outorgamento da subvención comprenderá a identificación da organización, a contía da subvención, a tipoloxía de fondo que financia a subvención, o ámbito territorial, o prazo de execución das actuacións subvencionables e as obrigas que lle corresponden como beneficiaria.

3. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de tres meses, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de selección e concesión de axuda.

4. Notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, transcorridos 10 días naturais desde a notificación sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á selección e á subvención (anexo E), entenderase que a acepta e adquirirá desde ese momento a condición de entidade seleccionada para optar a ser recoñecida como entidade colaboradora e implementar unha futura estratexia de desenvolvemento local participativo de cara ao Leader de Galicia do período de programación 2023-2027.

Artigo 19. Segunda convocatoria

No suposto de que na primeira convocatoria para a selección de entidades candidatas queden zonas do territorio rural galego sen cubrir, debido a que non se presenta ningunha candidatura, ou ben porque a candidatura presentada non cumpre os requisitos mínimos de admisibilidade establecidos nesta convocatoria descritos no artigo 5 destas bases ou ben por non acadar a puntuación mínima establecida no artigo 17, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá realizar unha segunda convocatoria de selección de entidades candidatas responsables da súa execución para as zonas non cubertas.

Á segunda convocatoria poderán concorrer, ademais doutras entidades que cumpran os requisitos de admisibilidade e outros establecidos nas bases, as organizacións xa seleccionadas en territorios adxacentes ao territorio non cuberto, incluíndo na súa solicitude aquelas adaptacións da súa organización e propostas que fosen necesarias para adaptar as súas actuacións ao novo ámbito territorial conxunto.

Artigo 20. Aprobación das estratexias de desenvolvemento local e recoñecemento de entidades colaboradoras

1. Para optar a converterse en entidades colaboradoras da medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, as entidades seleccionadas conforme o artigo 18 deberán ter presentada a documentación xustificativa da subvención conforme o artigo 31.

2. A aprobación das estratexias de desenvolvemento local, así como a selección das entidades colaboradoras, requirirá que estea en vigor o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 e que a persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por delegación do Consello de Dirección da axencia, publique unha resolución, logo de informe da autoridade de xestión, na que, tendo en conta o establecido no dito Plan estratéxico, se establezan as condicións e os obxectivos para garantir a idónea execución do programa Leader e as regras para a elaboración das estratexias, así como os criterios de puntuación referidos aos dos territorios das estratexias de desenvolvemento local que sexan seleccionadas.

A aplicación dos citados criterios determinarán o 50 % da puntuación que se utilizará para a repartición de fondos entre os grupos de desenvolvemento rural.

Sobre a base dos citados plan estratéxico e resolución, a axencia poderá facer observacións sobre a documentación, sinalada no punto anterior, presentada polas organizacións seleccionadas, que estas deberán ter en conta na elaboración das propostas de estratexias de desenvolvemento local.

3. Para a aprobación das estratexias de desenvolvemento local e o recoñecemento de entidades colaboradoras, as entidades seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación:

a) De ser o caso, a documentación xustificativa da subvención adaptada ás condicións e aos obxectivos fixados pola axencia conforme o Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

b) Normas para a xestión da estratexia de desenvolvemento local, en particular, o Plan de xestión e criterios de selección aplicables.

c) Plan de seguimento.

d) Plan financeiro do gasto público previsto.

O prazo para presentar a documentación anterior será de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación das condicións e os obxectivos fixados pola axencia conforme o Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

4. A documentación que presenten as entidades seleccionadas será valorada polo Comité de Avaliación regulado no artigo 16 conforme os criterios sinalados no artigo 21. A puntuación obtida, que deberá acadar, como mínimo 50 puntos, constituirá o 50 % da puntuación que se terá en conta para a repartición de fondos entre os grupos de desenvolvemento rural que finalmente se constitúan para o desenvolvemento do programa Leader de Galicia correspondente ao período 2023-2027.

5. O órgano instrutor do procedemento elaborará unha proposta de resolución sobre:

a) A selección das estratexias de desenvolvemento local e das entidades colaboradoras, con base na puntuación do Comité de Avaliación.

b) A distribución dos fondos públicos entre as estratexias que resulten seleccionadas, conforme a aplicación dos criterios de puntuación sinalados nos puntos 2 e 4 do artigo 20.

6. Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados, para que no prazo de dez días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as facilitadas polos interesados.

Unha vez concluído o trámite de audiencia, o Comité de Avaliación confeccionará a listaxe definitiva na que se indique a puntuación resultante para cada estratexia de desenvolvemento local e a relación de entidades que deben ser recoñecidas como colaboradoras na xestión do Leader de Galicia 2023-2027. A anterior listaxe será incluída na proposta de resolución do órgano instrutor, que expresará, de forma motivada, tanto a selección das estratexias de desenvolvemento local e das entidades que deban ser recoñecidas como colaboradoras, como a non selección; así como a distribución dos fondos públicos entre as estratexias que se seleccionen.

7. A persoa titular da Dirección Xeral da Agader, por delegación do Consello de Dirección, ditará unha resolución motivada co seguinte contido:

a) Aprobación das estratexias de desenvolvemento local para a execución da medida Leader de Galicia do período de programación 2023-27.

b) O recoñecemento, como entidade colaboradora da Agader para a xestión da medida Leader, correspondente ao período de programación 2023-27, das organizacións seleccionadas que presentasen as estratexias de desenvolvemento local aprobadas.

c) A asignación de fondos públicos ás estratexias seleccionadas, tendo en conta a puntuación derivada da aplicación dos criterios sinalados no artigo 21, sobre a documentación relativa ás estratexias, e a derivada da aplicación dos criterios aplicables ao territorio de cada estratexia.

d) A non aprobación das estratexias de desenvolvemento local presentadas que non acadasen a puntuación mínima exixida, así como o conseguinte non recoñecemento como entidade colaboradora da Agader para a xestión da medida Leader, correspondente ao período de programación 2023-27, das organizacións seleccionadas que presentaran as estratexias de desenvolvemento local non aprobadas.

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de tres meses, contados desde o día seguinte ao de remate do prazo para presentar a documentación indicada no punto 3 deste artigo, transcorrido o cal se poderá entender denegada por silencio administrativo a aprobación das estratexias de desenvolvemento local e o conseguinte recoñecemento de entidades colaboradoras.

8. As entidades que sexan designadas como colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na medida Leader para o período 2023-2027 estarán obrigadas a manter as condicións de admisibilidade previstas no artigo 5 destas bases durante o período de execución da estratexia de desenvolvemento local, sen prexuízo doutras condicións adicionais que eventualmente poida establecer a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural con base no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 e nos obxectivos fixados pola Comunidade Autónoma para o dito período, que se concretarán na resolución sinalada no punto 2 deste artigo, que a estes efectos dite a persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, así como os compromisos asumidos coa solicitude de participación no procedemento regulado nestas bases. En particular, deberán:

a) Estar dotadas, ou ben comprometerse a dotarse, dun equipo técnico con formación e capacidade para xestionar unha futura estratexia de desenvolvemento local de cara ao novo período 2023-2027. No procedemento de contratación do persoal garantiranse, en todo caso, os principios de igualdade, mérito e capacidade, publicidade e concorrencia. O equipo técnico, contratado directamente pola organización candidata, deberá acreditar un nivel de cualificación suficiente para asumir o peso principal da xestión da estratexia de desenvolvemento local. Só puntualmente as organizacións candidatas poderán contratar asistencias técnicas externas de apoio á xestión, logo de autorización da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, respectando, en todo caso, neste proceso de contratación, os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

b) Comprometerse a subscribir un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que regule todos os aspectos da necesaria colaboración para o desenvolvemento da estratexia Leader do novo período de programación do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

c) Dotarse, ou ben comprometerse a dotarse, dos medios técnicos suficientes, en particular, daqueles requiridos para a utilización da ferramenta informática que facilite a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a xestión da medida Leader.

d) Comprometerse a colaborar co resto dos GDR galegos e a participar nunha asociación que inclúa a máis de dous terzos dos GDR de Galicia, así como a promover a cooperación con outros grupos, asociacións ou redes estatais ou europeos.

e) Comprometerse a executar a estratexia de desenvolvemento local de xeito coordinado coas restantes estratexias do conxunto de GDR de Galicia, así como a aliñar o deseño e a implantación da estratexia co resto de medidas de desenvolvemento rural xestionadas pola administración autonómica no marco da política agraria común.

Artigo 21. Criterios de valoración para seleccionar as estratexias e as entidades colaboradoras

1. A documentación sinalada no punto 3 do artigo 20 será avaliada polo Comité de Avaliación tendo en conta os seguintes criterios:

1. Resultado do desenvolvemento do proceso participativo. Valorarase ata un máximo de 15 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Representatividade das persoas, axentes e grupos de interese que participaron no proceso.

• Número de actividades e de ferramentas de participación pública realizadas ou empregadas.

• Calidade dos resultados e as conclusións obtidas na participación pública.

2. Análise e diagnóstico do contexto territorial e socioeconómico. Valorarase ata un máximo de 10 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Calidade e grao de detalle da análise territorial e socioeconómica.

• Calidade e grao de detalle do diagnóstico.

3. Análise da actuación retrospectiva no territorio. Valorarase ata un máximo de 10 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Calidade e grao de detalle da análise retrospectiva realizada.

• Calidade e grao de detalle da descrición das axudas concedidas.

• Calidade das conclusións e das propostas de mellora e puntos fortes identificados.

4. Análise do marco normativo e territorial. Valorarase ata un máximo de 15 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Grao de detalle e adaptación ao territorio da análise normativa realizada.

• Profundidade da análise territorial realizada.

• Cantidade e viabilidade das propostas de recuperación de terra agraria.

• Cantidade e viabilidade das propostas de actividades de transformación e comercialización de producións agroforestais.

• Número e viabilidade das propostas para a implantación na comarca das diferentes políticas e estratexias europeas, nacionais e autonómicas.

5. Coordinación coa estratexia global de desenvolvemento rural de Galicia. Valorarase ata un máximo de 10 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Número e características dos procedementos e as actuacións levadas a cabo para a elaboración coordinada da estratexia.

• Número e calidade dos mecanismos e procedementos definidos na estratexia para asegurar a súa execución de xeito coordinado coas estratexias dos restantes GDR galegos e aliñado co resto de medidas de desenvolvemento rural da Administración autonómica.

6. Proxectos piloto. Valorarase ata un máximo de 10 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Axuste e a adaptación do proxecto aos obxectivos e plan de acción.

• Realización do proxecto en cooperación con outras entidades e grao de transferencia do proxecto a outros territorios.

• Grao de implicación dos sectores económicos e sociais.

7. Obxectivos e plan de acción. Valorarase ata un máximo de 15 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Grao de definición dos obxectivos propostos e da súa adecuación ás conclusións das análises anteriores.

• Grao de desenvolvemento das liñas estratéxicas e propostas de actuación e da súa adecuación aos obxectivos definidos.

• Grao de innovación das liñas estratéxicas e propostas de actuación.

• Claridade, aplicabilidade e carácter innovador das fórmulas de cooperación e colaboración futuras propostas.

• Grao de definición da programación das actuacións propias de animación e grao de adecuación das actividades propostas aos obxectivos da estratexia.

8. Normas para a xestión da estratexia de desenvolvemento local, en particular, o plan de xestión e criterios de selección aplicables. Valorarase ata un máximo de 5 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Grao de definición das normas e do plan de xestión.

• Grao de adecuación ás condicións e obxectivos fixados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para garantir a idónea execución do programa Leader.

9. Plan de seguimento. Valorarase ata un máximo de 5 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Grao de definición dos indicadores de seguimento.

• Grao de adecuación dos indicadores de seguimento aos obxectivos.

10. Plan financeiro do gasto público previsto. Valorarase ata un máximo de 5 puntos, tendo en conta os seguintes aspectos:

• Grao de adecuación do plan financeiro ás características do ámbito territorial e do plan de acción proposto.

2. A aplicación destes criterios de selección quedará condicionada á aprobación definitiva destes pola autoridade de xestión do PDR, logo de consulta ao Comité de Seguimento, de acordo co establecido no artigo 49 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello.

Artigo 22. Réxime de recursos

1. As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que organizacións poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 23. Base de datos nacional de subvencións

1. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

2. A Base de datos nacional de subvencións cederá información ao Sistema de Fondos Europeos, segundo as previsións contidas na normativa europea e nacional que resulte de aplicación.

Artigo 24. Publicidade

1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural incluirá as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que coa presentación da solicitude autorízase o tratamento necesario dos datos persoais e a referida publicidade.

2. De acordo co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na súa páxina web e no Diario Oficial de Galicia, e expresará a norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos da persoa beneficiaria e da súa publicación nos citados medios. A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións.

Non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 €, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

3. De acordo co establecido no artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado, para os efectos de publicar as subvencións concedidas na BDNS, non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.

Artigo 25. Protección de datos

1. Coa presentación da solicitude, a entidade solicitante autoriza o tratamento necesario dos datos persoais para a publicación das axudas percibidas, de conformidade coa normativa vixente en materia de publicidade das subvencións.

2. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 27. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 28. Modificación das resolucións recollidas nestas bases reguladoras

1. Unha vez ditadas calquera das resolucións sinaladas nestas bases reguladoras, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ao gasto subvencionable, á estrutura de custos inicialmente orzada, ás datas de execución da actuación ou, excepcionalmente, ao ámbito territorial de acordo co establecido na seguinte epígrafe. Non se admitirán modificacións que dean lugar a unha contía de axuda superior á establecida na resolución de concesión, ou as que desvirtúen a actuación ou que minoren a baremación da que resulte a axuda de xeito que coa nova puntuación a entidade non resultase seleccionada e, polo tanto, a axuda non resultase concedida en réxime de concorrencia competitiva.

2. A solicitude de modificación deberá presentarse no prazo máximo de 5 días desde que a entidade teña coñecemento das circunstancias que provocan a dita solicitude,, sempre cunha anterioridade superior aos dous meses previos á data de fin do prazo de execución da actuación.

3. A entidade seleccionada deberá solicitar a modificación presentando a súa solicitude dirixida ante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo órgano competente para a resolución do procedemento de selección e concesión da subvención, logo da instrución do correspondente expediente, no cal, sempre que se teñan en conta elementos non achegados pola entidade solicitante, darase audiencia, de ser preciso, á entidade interesada.

Artigo 29. Obrigas das organizacións beneficiarias

Son obrigas das organizacións beneficiarias as seguintes:

a) Executar a actuación que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido segundo o disposto nestas bases e na resolución de selección.

b) Solicitar un mínimo de 3 ofertas diferentes e acreditar que a proposta seleccionada se adecúa aos prezos do mercado, nos supostos en que utilicen fórmulas de subcontratación para importes superiores a 30.000 €.

c) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación en formato electrónico durante un prazo mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de tres anos se o financiamento non supera os 60.000 €.

d) Xustificar ante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación definida no artigo 1 e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

e) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectúe a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Autoridade de Xestión do PDR 2014-2020 e do PEPAC 2023-2027 ou os avaliadores ou organismos designados por ela, así como facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, ou os órganos/regulamentos que os substitúan. Someterse a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Cuentas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, a Fiscalía Europea e a Oficina de Lucha contra el Fraude e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo.

Para tal fin, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural informará da data de inicio a que se refire esta obriga, tras a oportuna comunicación da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

f) Comunicar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actuacións, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a dita concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no prazo máximo de un mes desde que se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a solicitude de pagamento coa xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento desta obriga considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

g) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados cos fondos Feader.

h) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público da actuación por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Xunta de Galicia e o Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 ou do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, unha vez sexa aprobado.

i) Subministrar toda a información necesaria para que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

k) No caso de non ser quen de realizar a actuación para a cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

l) A actividade subvencionada non poderá causar un prexuízo significativo «do no significant harm» aos obxectivos ambientais nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088 e restante normativa de aplicación.

m) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 30. Pagamentos

1. Con carácter xeral, o aboamento das axudas realizarase unha vez que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural considere xustificada a execución e o pagamento da actuación que fundamenta a concesión da subvención, e o cumprimento das demais condicións dentro do prazos establecidos na resolución de concesión.

2. De acordo co previsto no artigo seguinte, realizaranse dous pagamentos diferenciados, o primeiro correspondente ao 75 % da subvención que corresponderá co importe orzamentado para a anualidade 2022, e o segundo do 25 % restante, que se corresponderá co importe previsto para a anualidade 2023. Estes pagamentos responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas e aboaranse pola contía equivalente á xustificación presentada. Para a percepción deste pagamento, os beneficiarios estarán exentos da constitución de garantías, en virtude da autorización do Consello da Xunta de Galicia prevista no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O importe conxunto dos pagamentos á conta que, se é o caso, se concedan non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

3. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación da execución da actuación subvencionada que considere convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a entidade beneficiaria os presentase, o órgano convocante iniciará o correspondente procedemento de decaemento no dereito de cobramento.

4. O pagamento efectuarase na conta bancaria para tal efecto designada pola entidade beneficiaria.

Artigo 31. Xustificación da subvención

1. Os prazos máximos para a xustificación dos gastos subvencionables e para presentar as solicitudes de pagamento serán os seguintes:

– Tres meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución correspondente á selección da organización candidata, para a entrega dos documentos A, B, C, D, E, F e G do anexo C destas bases reguladoras. A axuda máxima correspondente aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo para a elaboración destes documentos será do 75 % do total da axuda concedida, que se corresponderá co importe orzamentado para a anualidade 2022.

– Dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución prevista no artigo 20.2 destas bases reguladoras, para a entrega dos documentos H e I do anexo C destas bases reguladoras. A axuda máxima correspondente aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo para a elaboración destes documentos será do 25 % do total da axuda concedida, que se corresponderá co importe previsto para a anualidade 2023.

2. As entidades poderán solicitar unha ampliación de prazo que en ningún caso excederá a metade do prazo inicialmente concedido.

3. A solicitude de pagamento presentarase mediante a solicitude normalizada que, a título informativo, figura como anexo F destas bases.

4. Unha vez xerada a solicitude de pagamento, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, dispoñible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 28 da Lei 39/2015, non se lles exixirá ás entidades beneficiarias que presenten documentos orixinais. A entidade responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa, ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, poderáselle requirir á entidade que presente unha copia autenticada electrónica. Tal requirimento deberá ser debidamente motivado. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.

5. No caso de que a solicitude de pagamento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a entidade beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da solicitude de pagamento ou da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao pagamento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento, así como a perda da condición de organización seleccionada para optar a ser recoñecida como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na medida Leader. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a entidade das sancións que, conforme a lei, correspondan.

6. A xustificación cumprirá os requisitos establecidos nos artigos 28 a 30 da devandita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Para cada unha das fases da xustificación previstas no punto 1 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento (anexo F), a entidade beneficiaria da axuda presentará:

a) Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, incluíndo como anexos, se é o caso, copia dos estudos e informes subvencionados, en soporte dixital que permita a súa difusión. En cada unha das dúas fases de xustificación incluirase a documentación prevista no punto 1 deste artigo.

Toda a documentación anteriormente indicada presentarase, como documento adxunto, coa solicitude de pagamento (anexo F).

b) A copia –que permita a súa lectura– do material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de comunicación do financiamento público citada no artigo 29.h) destas bases.

c) Memoria económica xustificativa cos aspectos recollidos no artigo 48.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que se presentará, como documento adxunto, coa solicitude de pagamento. A memoria económica conterá:

1º. Unha relación clasificada dos gastos, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, se é o caso, data de pagamento (data de valor bancario).

2º. Os xustificantes dos gastos anteriores mediante a achega das facturas ou documentos acreditativos do gasto efectuado, que deben indicar con toda claridade a que conceptos do orzamento previsto, presentado na solicitude e aceptados na resolución de concesión de axuda se refiren. A data das facturas e xustificantes de pagamento deberá situarse dentro do prazo máximo para a xustificación das actuacións subvencionadas; non se aceptarán facturas nin xustificantes acreditativos do pagamento con data posterior á data límite para xustificar os investimentos que determinase a resolución de concesión da axuda. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao que resulta do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

As facturas selaranse indicando a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a porcentaxe que resulte afectada pola subvención.

As facturas e os xustificantes acreditativos do pagamento, así como toda a documentación do expediente de xustificación, deben estar emitidas a nome da entidade beneficiaria da axuda.

3º. Os xustificantes de pagamento dos gastos e demais documentos de valor probatorio equivalente, con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporados na relación a que se fai referencia anteriormente, debidamente indexados e ordenados. Os xustificantes de pagamento consistirán en documentos bancarios que inclúan ao titular da conta, o provedor ao que se realiza o pagamento e a data de valor, con acreditación das cantidades xiradas. Dos cheques emitidos ou dos xustificantes de pagamento realizados presentarase unha copia e a comprobación de que foron efectivamente compensados na conta do pagador. Os documentos de remesa haberán de indicar claramente a factura pagada, o pagamento realizado e o perceptor deste e validaranse mediante selado da entidade bancaria.

4º. Tres ofertas de diferentes provedores, segundo o modelo normalizado do anexo G destas bases reguladoras, que deberán presentar data anterior á da contracción do compromiso para a adquisición do ben ou da prestación do servizo. No caso de que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, esta circunstancia deberá ser xustificada expresamente nunha memoria perfectamente detallada, sendo a demostración fidedigna desta circunstancia unha condición necesaria para que o gasto poida ser admitido.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria técnica similar á sinalada no parágrafo anterior a razón da escolla cando esta non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Deberá presentarse tamén unha declaración sobre a veracidade das ofertas solicitadas e da non vinculación entre as organizacións seleccionadas e os provedores, segundo modelo normalizado do anexo H destas bases reguladoras.

Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014, modificado polo Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión do 10 de xullo de 2017 Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentar coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

i) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

ii) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

iii) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da entidade solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos a súa marca, modelo así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

d) Declaración doutras axudas (segundo modelo do anexo I das bases reguladoras).

e) A documentación específica que se sinale na resolución de concesión da axuda.

8. De conformidade co previsto no artigo 73 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, nos supostos de subvencións por importe de ata 100.000 €, presentarase unha conta xustificativa simplificada, co contido sinalado no artigo 51.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. En todos os casos, as entidades beneficiarias estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a entidade beneficiaria se opoña ou denegue expresamente o consentimento á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para solicitar as certificacións, estas deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

Porén, de conformidade co previsto no artigo 73 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, en relación con aquelas subvencións que non superen o importe de 10.000 € individualmente, a acreditación desta circunstancia entenderase cumprida coa declaración responsable da entidade beneficiaria.

10. Advírtese de que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.

11. Cando a entidade beneficiaria da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 25 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiras persoas.

A aceptación das alteracións por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no acto de comprobación non exime a entidade beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e/ou da perda parcial da subvención concedida, de acordo co artigo 29.4 destas bases.

12. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

Artigo 32. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao pagamento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento da actuación, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, de acordo co establecido no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de pagamento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a perda total do dereito ao pagamento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención. Tamén será aplicable no caso de que a actuación xustificada minorase a baremación da axuda, de xeito que coa nova puntuación non resultase concedida en réxime de concorrencia competitiva.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en concreto a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Cuentas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, non achegar canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e non permitir as verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello.

d) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Non comunicarlle á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a obtención doutras subvencións e axudas concorrentes coas percibidas. Este suposto orixinará o reintegro do 100 % do importe da subvención recibida, máis os xuros de demora e sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.

f) Non comunicarlle á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, salvo o establecido no artigo 25.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou aos conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de executar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, se é o caso, deberanse reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable da actuación, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberanse reintegrar todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) Suporá o reintegro dun 10 % da subvención concedida o incumprimento da obriga de comunicarlle ao órgano concedente a solicitude doutras axudas para os mesmos gastos.

c) Suporá o reintegro dun 10 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os conceptos financiados.

d) Suporá o reintegro dun 5 % da subvención concedida o incumprimento das obrigas de información, comunicación e visibilidade do apoio procedente dos fondos establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE; Euratom) 2018/1046.

Non obstante, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar a satisfacción da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural adquira doutro modo a convicción de que o beneficiario non é responsable da dita circunstancia.

Artigo 33. Réxime sancionador

Ás organizacións beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, ao disposto no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, e no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, do 11 de marzo.

Artigo 34. Fiscalización e control

As organizacións beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control, incluída a consulta aos sistemas de información, que realice o órgano convocante, con anterioridade ou posterioridade á concesión da subvención, para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 29, e ás de comprobación material e control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Cuentas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, da Oficina Europea de Lucha contra el Fraude (OLAF) ou da Fiscalía Europea e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento da Comunidade Autónoma a través da canle que se determine.

Artigo 35. Comprobación das subvencións

1. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

2. Será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

ANEXO A

Ámbito territorial

O ámbito territorial de cada unha das organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras da medida Leader de Galicia que finalmente seleccione como GDR a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, quedará recollido no anexo I dos convenios de colaboración que sexan asinados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e cada un dos grupos de desenvolvemento rural. Como ámbito territorial inicial establécense os seguintes concellos para cada un dos GDR:

GDR 01: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, Valadouro (O), Vicedo (O), Viveiro, Xove.

GDR 02: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Pastoriza (A), Riotorto, Vilalba, Xermade.

GDR 03: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Fonsagrada (A), Láncara, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Pontenova (A), Ribeira de Piquín.

GDR 04: Castroverde, Corgo (O), Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade.

GDR 05: Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Portomarín, Sarria, Taboada.

GDR 06: Nogais (As), Bóveda, Folgoso do Courel, Incio (O), Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón (A), Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Saviñao (O), Sober, Triacastela.

GDR 07: Barco de Valdeorras (O), Bolo (O), Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rúa (A), Rubiá, Veiga (A), Vilamartín de Valdeorras.

GDR 08: Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Montederramo, Parada de Sil, Pobra de Trives (A), San Xoán de Río, Teixeira (A), Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

GDR 09: Castrelo do Val, Cualedro, Gudiña (A), Laza, Mezquita (A), Monterrei, Oímbra, Riós,Verín, Vilardevós.

GDR 10: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Bola (A), Blancos (Os), Calvos de Randín, Celanova, Entrimo, Lobeira, Lobios, Maceda, Muíños, Porqueira (A), Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras, Verea, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo da Limia, Xunqueira de Ambía.

GDR 11: Amoeiro, Barbadás, Cartelle, Coles, Esgos, Gomesende, Merca (A), Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar (O), Peroxa (A), Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Espadanedo.

GDR 12: Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño (O), Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Irixo (O), Leiro, Maside, Melón, Padrenda, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea.

GDR 13: Arbo, Cañiza (A), Covelo (O), Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Neves (As), Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño.

GDR 14: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Guarda (A), Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Porriño (O), Redondela, Rosal (O), Tomiño, Tui.

GDR 15: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Cotobade, Lama (A), Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior, Vilaboa.

GDR 16: Agolada, Dozón, Estrada (A), Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

GDR 17: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, Grove (O), Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

GDR 18: Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, Pobra do Caramiñal (A), Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois.

GDR 19: Ames, Baña (A), Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra.

GDR 20: Arzúa, Boimorto, Melide, Pino (O), Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar.

GDR 21: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.

GDR 22: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laracha (A), Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo, Zas.

GDR 23: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Oleiros, Oza Cesuras, Paderne, Sada.

GDR 24: Ares, Cabanas, Capela (A), Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez (As), San Sadurniño, Somozas (As), Valdoviño, Vilarmaior.

ANEXO B

Relación das entidades singulares de poboación que se exclúen do territorio elixible por superar os limiares previstos recollidos no artigo 6 das bases reguladoras (datos INE 2020)

Nomenclátor: poboación do Padrón Continuo por Unidade de poboación.

Provincia da Coruña.

Provincia

Municipio

Unidade poboacional

Poboación

15 Coruña, A

002 Ames

041100 Milladoiro (O)

13.348

15 Coruña, A

002 Ames

080100 Bertamiráns

8.949

15 Coruña, A

005 Arteixo

020100 Arteixo

12.909

15 Coruña, A

009 Betanzos

000100 Betanzos

10.324

15 Coruña, A

011 Boiro

031700 Boiro

8.748

15 Coruña, A

019 Carballo

070300 Carballo

19.168

15 Coruña, A

030 Coruña (A)

010500 Mesoiro

8.187

15 Coruña, A

036 Ferrol

000100 Ferrol

58.464

15 Coruña, A

054 Narón

000100 Narón

32.574

15 Coruña, A

057 Noia

000100 Noia

8.404

15 Coruña, A

058 Oleiros

080100 Perillo

8.786

15 Coruña, A

059 Ordes

091600 Ordes

6.165

15 Coruña, A

070 Pontes de García Rodríguez (As)

053900 Pontes de García Rodríguez (As)

8.630

15 Coruña, A

073 Ribeira

090800 Santa Uxía de Ribeira

13.543

15 Coruña, A

075 Sada

060400 Sada

8.332

15 Coruña, A

078 Santiago de Compostela

000100 Santiago de Compostela

81.695

Provincia de Pontevedra.

Provincia

Municipio

Unidade poboacional

Poboación

36 Pontevedra

006 Cambados

010100 Cambados

6.830

36 Pontevedra

008 Cangas

020100 Cangas

6.870

36 Pontevedra

017 Estrada (A)

190200 Estrada (A)

8.386

36 Pontevedra

022 Grove (O)

010900 Grove (O)

6.826

36 Pontevedra

023 Guarda (A)

020100 Guarda (A)

6.127

36 Pontevedra

024 Lalín

270700 Lalín

10.881

36 Pontevedra

026 Marín

040100 Marín

15.880

36 Pontevedra

038 Pontevedra

000100 Pontevedra

63.599

36 Pontevedra

039 Porriño (O)

070800 Porriño (O)

7.765

36 Pontevedra

042 Ponteareas

230100 Ponteareas

11.547

36 Pontevedra

045 Redondela

080100 Redondela

7.452

36 Pontevedra

055 Tui

120100 Tui

6.370

36 Pontevedra

060 Vilagarcía de Arousa

120100 Vilagarcía

19.831

Provincia de Lugo.

Provincia

Municipio

Unidade poboacional

Poboación

27 Lugo

028 Lugo

000100 Lugo

90.584

27 Lugo

031 Monforte de Lemos

000100 Monforte de Lemos

15.993

Provincia de Ourense.

Provincia

Municipio

Unidade poboacional

Poboación

32 Ourense

009 Barco de Valdeorras (O)

020100 Barco (O)

11.112

32 Ourense

019 Carballiño (O)

050100 Carballiño (O)

11.412

32 Ourense

054 Ourense

000100 Ourense

98.898

32 Ourense

085 Verín

140100 Verín

10.025

ANEXO C

Contido de referencia da proposta de Estratexia de desenvolvemento local

A. Descrición do proceso participativo.

A memoria descritiva deberá incluír unha descrición detallada das accións e actuacións de participación pública realizadas e dos resultados destas actividades, que incluirá, como mínimo, a seguinte información:

a) Relación de persoas e entidades participantes en cada actividade.

b) Cronograma e descrición das actuacións e actividades desenvolvidas e das ferramentas de participación pública empregadas.

c) Metodoloxía empregada para o tratamento e análise da información obtida.

d) Resultados e conclusións do proceso de participación pública.

B. Análise e diagnóstico do contexto territorial e socioeconómico que afecta o desenvolvemento rural no ámbito territorial proposto.

Esta epígrafe incluirá a análise da realidade territorial, do tecido socioeconómico e dos equipamentos e infraestruturas máis salientables do ámbito territorial proposto. A partir dos resultados desta análise e do proceso participativo deberán identificarse as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas para o desenvolvemento rural do ámbito territorial.

C. Análise da actuación retrospectiva do desenvolvemento local participativo no territorio de actuación: avaliación dos resultados obtidos nos programas anteriores.

O obxecto desta epígrafe será o de analizar a evolución e resultados obtidos polas estratexias de desenvolvemento local participativo desenvolvidas no territorio da entidade seleccionada durante os períodos de programación anteriores (en particular, o 2007-2013 e o 2014-2020). A análise debe recoller os seguintes aspectos:

– Evolución das necesidades de desenvolvemento identificadas nas distintas estratexias realizadas nos períodos anteriores. Evolución das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades determinadas en cada momento e identificación das vixentes á data da análise.

– A análise anterior debe incluír e estar baseada nunha análise previa da evolución, polo menos, desde o ano 2007 e ata a actualidade dos principais indicadores de carácter demográfico, socioeconómico e de cobertura de servizos á poboación que se consideren relevantes para a zona.

– Análise da evolución no tempo das estratexias definidas nos períodos anteriores, recollendo as razóns dos cambios experimentados no pasado e unha reflexión tanto para a súa modificación como para o seu mantemento futuro.

– Descrición dos baremos de priorización de proxectos utilizados nos distintos períodos e análises da súa aliñación coas estratexias definidas. Identificación de áreas de mellora para o futuro.

– Relación e detalle das accións concretas realizadas en cada marco de axudas dentro de cada liña estratéxica definida. A partir da información dispoñible publicamente e da proporcionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, así como da que se poida elaborar mediante enquisas ou traballo de campo, deberán describirse as actividades, os promotores, o investimento realizado e o apoio concedido, a creación de emprego prevista e a realizada, co fin de avaliar os resultados das axudas de períodos anteriores, incluíndo indicadores de éxito dos proxectos financiados e unha análise da repercusión do programa Leader en cada sector de actividade.

A partir da análise comparada das estratexias seguidas en períodos anteriores polos GDR limítrofes ou con características similares, identificaranse aqueles cos que se considere de interese levar a cabo proxectos de cooperación en diferentes temáticas.

Como resultado final da análise realizada, deberase:

– Cualificar o grao de cumprimento dos obxectivos marcados e das estratexias desenvolvidas.

– Identificar aspectos de mellora nas estratexias para definir no seguinte período e nos baremos de priorización de proxectos a empregar.

Coa finalidade de garantir a igualdade no proceso de puntuación dos traballos preparatorios entre as entidades que xa tivesen a condición de entidades colaboradoras nos períodos anteriores e as novas organizacións candidatas, de cara ao acceso aos datos e á información necesaria para a realización dos contidos deste punto, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural facilitará ás novas organizacións candidatas toda a documentación dispoñible relacionada con contido deste punto, agás no que respecte aos datos de carácter persoal.

D. Análise do novo marco normativo e institucional e impacto previsible na futura estratexia.

Este punto deberá incluír unha análise detallada da incidencia da nova PAC e das recentes políticas europeas (Pacto Verde, Estratexia da Granxa á Mesa, Estratexia de Biodiversidade 2030, Estratexia Forestal da UE, etc.) na futura estratexia de desenvolvemento local, así como da complementariedade da iniciativa Leader con outras iniciativas da Xunta de Galicia con impacto significativo no ámbito xeográfico correspondente, especialmente das vinculadas ao medio rural (por exemplo, as diferentes estratexias sectoriais, como as do sector lácteo, o sector vitivinícola e o sector cárnico, ou o Plan forestal de Galicia), e especialmente da Lei de recuperación da terra agraria. Detallarase a incorporación destas políticas e normativas no Plan de acción da estratexia.

E. Análise da situación actual de uso e xestión do territorio correspondente.

Dentro desta epígrafe incluiranse as seguintes análises:

– Análise do uso e ocupación do territorio rural no ámbito xeográfico do GDR, con especial incidencia na localización e cuantificación das terras agrarias abandonadas.

– Identificación, localización e caracterización das actividades de transformación e comercialización de producións agroforestais.

– Análise da aplicabilidade de instrumentos de recuperación de terras.

– Identificación de axentes ou iniciativas interesadas na posta en produción de terra agraria ou no desenvolvemento de actividades de transformación e comercialización de produtos agroforestais.

F. Coordinación coas estratexias globais de desenvolvemento rural de Galicia.

Esta epígrafe deberá incluír, en primeiro lugar, a descrición dos procedementos e as actuacións levadas a cabo durante a elaboración da estratexia para a súa coordinación coas estratexias dos restantes territorios de Galicia, co fin de maximizar as sinerxías e complementariedades entre os diferentes territorios.

En segundo lugar, deberán definirse os mecanismos e procedementos que se van implantar ao longo do período 2023-27 para asegurar a execución da estratexia de xeito coordinado coas restantes estratexias do conxunto de GDR de Galicia e aliñado co resto de medidas de desenvolvemento rural xestionadas pola Administración autonómica no marco da política agraria común.

G. Propostas de proxectos piloto.

Deberán identificarse e describirse ata dúas propostas de proxectos piloto para a súa realización no seguinte período. Estas propostas de proxectos deberán estar en liña cos obxectivos, a metodoloxía de traballo e o enfoque transversal, estratéxico e integrado propostos polas accións preparatorias.

Na identificación destes proxectos tratarase de implicar un número importante de empresas e entidades representativas de toda a cadea de valor ou sector tractor no que inciden, mostrando ademais unha adecuada representación do ámbito territorial no que se desenvolva.

Procúranse proxectos con capacidade de arrastre, relevantes para a economía e a sociedade, polo que debe terse en conta o seu impacto en sectores distintos dos directamente implicados.

Ademais, a procura da innovación debe ser un requisito indispensable. Os proxectos deben desenvolver novos produtos, procesos ou servizos nos que a investigación teña un papel relevante ou promover procesos innovadores ao longo da cadea de valor, desde a produción ata a distribución e a comercialización. En canto ao criterio de transición ecolóxica, as propostas deberán incluír entre os seus obxectivos a mellora da sustentabilidade dun proceso ou produto, a dixitalización da cadea de valor, a inclusión de elementos da economía circular, a descarbonización dunha actividade ou a eficiencia enerxética.

A descrición dos proxectos piloto constará da seguinte documentación e estrutura:

1. Denominación e breve xustificación do proxecto.

2. Identificación da entidade tractora proposta e outras posibles entidades participantes.

3. Motivación do carácter innovador do proxecto.

4. Ámbito xeográfico de actuación: listaxe de municipios ou núcleos menores de poboación.

5. Descrición e información dos obxectivos xerais e específicos que se pretenden conseguir.

6. Proposta das actividades que se propoñen realizar.

7. Descrición dos resultados esperados, posibles beneficiarios e impacto no emprego.

8. Previsión da incidencia do proxecto sobre determinados sectores da poboación: mulleres, mozos e outros colectivos ou grupos de especial consideración.

9. Impacto na mellora do ambiente e na valorización dos recursos naturais.

10. Estimación do orzamento necesario e prazo de execución.

H. Obxectivos.

Deberán definirse, a partir das conclusións obtidas nas epígrafes anteriores, os obxectivos que se pretendan acadar coa estratexia, ordenándoos de xeito xerárquico.

I. Plan de acción.

Como resultado final, cada entidade seleccionada deberá describir un plan de acción que incluirá, como mínimo, o seguinte contido:

– Identificación das liñas estratéxicas e propostas de actuación para a consecución dos obxectivos definidos no punto anterior.

– Identificación de proxectos que teñan un impacto significativo nos obxectivos e liñas estratéxicas de actuación. Deberán identificarse novos servizos, produtos e intervencións necesarios para o desenvolvemento local.

– Programación das actuacións propias de animación para realizar polo grupo.

– Plan de formación que inclúa unha planificación dos cursos, na que conste o diagnóstico do mercado laboral do territorio, a identificación dos sectores aos que se dirixirán as actividades formativas e os requisitos mínimos para a selección do persoal formador e do alumnado.

– Plan de cooperación con outros GDR e entidades, no que se identifiquen as sinerxías con outros grupos ou territorios e as fórmulas de colaboración futuras mediante proxectos de cooperación ou novas formas de colaboración e accións concretas para desenvolver.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file