Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de corrección de erros na aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal de 2022 (expediente 429/2022).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Caldas de Reis, en sesión celebrada o 26 de maio de 2022, aprobou:

Primeiro. Corrixir os erros materiais detectados no Acordo da Xunta de Goberno Local, do 19 de maio de 2022, relativo á oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal que se relacionan a seguir:

Praza de director/a da Escola de Música: a antigüidade é 1.9.1998, non 2011.

Praza de xefe/a de estudos da Escola de Música: a antigüidade é 3.9.2005, non 16.10.2006.

Praza de alguacil: a denominación é alguacil-porteiro.

Dúas prazas de profesores da Escola Municipal de Música: a antigüidade é 1.1.2003, non 1.10.2010, e 1.10.2005, non 1.10.2011, respectivamente.

Praza de axente de igualdade: a denominación é técnico/a de igualdade e emprego.

Segundo. Publicar a citada corrección na sede electrónica e no taboleiro de anuncios da Corporación, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Caldas de Reis, 27 de maio de 2022

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente