Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32515

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos do Val Miñor

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Presidencia do 25 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público do ano 2022 para a estabilización do emprego temporal da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, que cumpra as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, esta contén as seguintes prazas:

Programa

Número de vacantes

Denominación

Categoría

Sistema de acceso

231

1

Psicólogo/a

Grupo I

Concurso

136

3

Condutor/a do Servizo de Emerxencias

Grupo III

Concurso

136

2

Capataz do Servizo de Emerxencias

Grupo III

Concurso

136

7

Peón/peoa do Servizo de Emerxencias

Grupo X

Concurso

Baiona, 25 de maio de 2022

Juan A. González Pérez
Presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor