Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32519

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público de estabilización segundo a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Por medio deste anuncio faise público que a Presidencia do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, mediante a Resolución 2022/0005, ditada o 13 de maio de 2022, adoptou o acordo que se transcribe en extracto:

En cumprimento do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, apróbase a oferta de emprego público de 2022 correspondente a prazas estruturais de persoal do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, desempeñadas por persoal con vinculación temporal e incursas no suposto do artigo 2.1 da lei citada.

– Unha (1) praza de director/a técnico: persoal laboral fixo, grupo A2, nivel CD 25, sistema de selección concurso-oposición (artigo 2.4 da Lei 20/2021).

– Unha (1) praza de técnico/a superior en informática: persoal laboral fixo, grupo C1, nivel CD 21, sistema de selección concurso-oposición (artigo 2.4 da Lei 20/2021).

O contido íntegro do anuncio de aprobación foi publicado no BOP de Ourense núm. 113, do 19 de maio de 2022.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso administrativo de reposición ante a Presidencia do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, no prazo dun mes, ou acudir directamente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense e formular no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo. Os prazos indicados computaranse de data a data, contado desde o día seguinte ao da recepción desta comunicación.

Ourense, 24 de maio de 2022

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación
do Servizo contra Incendios e Salvamento