Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican resolucións ditadas no procedemento BS626F (36026001021 e sete máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas nos recursos de alzada no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte á data da súa notificación, practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de maio de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución e data

36026001021

70901949X

Desestimado 10.11.2021

36057080420

07817493T

Desestimado 9.11.2021

36054002116

77408350X

Desestimado 1.2.2022

36057047020

36073600D

Desestimado 23.2.2022

36017000620

52472284S

Desestimado 5.7.2021

36050001519

36075843K

Desestimado 27.9.2021

36057014021

36108599W

Desestimado 8.9.2021

36002000218

35319248B

Desestimado 21.5.2021