Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente VI-73052 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos de requirimento ditados no procedemento que figura no anexo, tramitados por esta xefatura territorial no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que se puidesen practicar por causas non imputables á Administración, emprazanse as persoas citadas no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, para proceder á notificación dos referidos actos. No prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do órgano de valoración de Vigo, sito na rúa Numancia, nº 3, de Vigo, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro dos actos administrativos e advertíndolles que, de non facelo así, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, practicada a notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, de non atender ao requirimento, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

Vigo, 24 de abril de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

VI-73052

55167439F

Requirimento para continuar a tramitación

14.3.2022

VI-90669

42161995M

Requirimento para continuar a tramitación

14.3.2022