Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32435

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de supervisor/a de área funcional, convocados mediante a Resolución do 31 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 8 de abril).

Convocada mediante a Resolución do 31 de marzo de 2022 (DOG nº 69, do 8 de abril) a provisión de diversos postos de supervisor/a de área funcional, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de supervisor/a de área funcional, convocados mediante a Resolución do 31 de marzo de 2022 (DOG nº 69, do 8 de abril).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. As aspirantes seleccionadas deberán cesar na praza que desempeñan dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de maio de 2022

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee

ANEXO

Denominación do posto: supervisora de área funcional de Docencia.

Nome e apelidos: Noemí Cortés Rey.

DNI (*): ***4239**.

Denominación do posto: supervisora de área funcional de Hospital Abente y Lago.

Nome e apelidos: María Mar Fraga Santos.

DNI (*): ***3577**.

Denominación do posto: supervisora de área funcional de Hospital Teresa Herrera.

Nome e apelidos: Cristina Valiño Pazos.

DNI (*): ***2280**.

Denominación do posto: supervisora de área funcional de Integración Asistencial.

Nome e apelidos: Cristina Varga Martín.

DNI (*): ***7279**.

Denominación do posto: supervisora de área funcional de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: Lorena Santos Rama.

DNI (*): ***9713**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.