En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante/promotora: Eólicos Breogán, S.L.U. (CIF: B36922524).
Domicilio social: av. Europa, nº 10, parque empresarial La Moraleja, 28108, Alcobendas (Madrid).
Enderezo para efectos de notificacións: rúa Varsovia, 4C, 5º andar, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación do proxecto: parque eólico Monteagudo (nº expediente: IN661A 03/03).
Concellos afectados: Arteixo, A Laracha e Carballo (A Coruña).
Potencia que se que se instalará: 20,88 MW.
Nº de aeroxeradores que se van instalar: 5 unidades (1×4,50 + 1×4,38 + 3×4,00) MW.
Produción media neta estimada: 79,73 GWh/ano.
Horas netas anuais equivalentes á potencia nominal: 3.818 horas.
Orzamento de execución material: 17.706.186,49 €.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Localización (área de afección):
Parque eólico Monteagudo |
|
A.D.E. |
Alto do Lendo |
Parque eólico Monteagudo |
|||
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
V1 |
530.907,80 |
4.795.118,51 |
A Laracha |
V2 |
533.561,92 |
4.795.118,51 |
Arteixo |
V3 |
532.549,53 |
4.791.938,12 |
A Laracha |
V4 |
531.674,24 |
4.791.938,12 |
A Laracha |
V5 |
531.234,25 |
4.792.841,20 |
Carballo |
V6 |
531.873,46 |
4.793.041,43 |
Carballo |
V7 |
531.619,72 |
4.793.457,04 |
Carballo |
V8 |
530.934,00 |
4.793.457,04 |
Carballo |
V9 |
530.412,60 |
4.794.527,63 |
Carballo |
Parque eólico Monteagudo |
|||
Aeroxerador |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
A1.1 |
530.815 |
4.794.686 |
Carballo |
A1.2 |
531.069 |
4.794.585 |
Carballo |
A2.1 |
531.243 |
4.794.071 |
Carballo |
A2.2 |
531.638 |
4.794.466 |
A Laracha |
A3.1 |
531.802 |
4.793.709 |
Carballo |
Parque eólico Monteagudo |
|||
Subestación vértices |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
X |
Y |
||
V1 |
531.052,945 |
4.794.274,809 |
Carballo |
V2 |
531.084,049 |
4.794.288,539 |
Carballo |
V3 |
531.100,203 |
4.794.251,946 |
Carballo |
V4 |
531.069,099 |
4.794.238,216 |
Carballo |
Características técnicas da instalación:
• Cinco (5) aeroxeradores tripá, modelo Nordex N149 IECS, de 4.500 kW de potencia nominal unitaria, aínda que se regularán a 4.500 kW, 4.380 kW e tres deles a 4.000 kW. De velocidade variable, diámetro do rotor de 149,1 m e altura ata a buxa de 125 m.
• Cinco (5) centros de transformación trifásicos de relación de transformación 0,66/30 kV, montados no interior da torre de cada aeroxerador.
• Unha (1) subestación eléctrica transformadora (SET) 66/30 kV, denominada subestación Monteagudo, cun transformador de potencia de tipo intemperie, trifásico, potencia aparente nominal 45 MVA e relación de transformación 66/30 kV. Esta SET disporá dos seguintes elementos:
– Un (1) módulo de liña 66 kV.
– Un (1) módulo de transformación 66/30 kV.
– Un (1) transformador de potencia 45 MVA 66/30 kV.
– Dúas (2) celas de transformador 30 kV.
– Cinco (5) celas de liña 30 kV.
– Un (1) transformador de servizos auxiliares.
– Unha (1) cela de servizos auxiliares 30 kV.
– Dúas (2) celas de baterías de condensadores.
• Esta SET servirá como centro de transformación para os parques eólicos Monteagudo e Pedra Queimada (este último é obxecto doutro proxecto independente, con nº expediente IN408A 2020/70 e actualmente en tramitación). Nela elevarase a tensión da corrente producida polos parques eólicos de 30 kV a 66 kV para poder transportala ata a subestación Morás.
• Contará cun edificio de control de 600 m² de superficie total aproximada, con salas independentes para distintos usos, e que se situará fronte á subestación.
• Os aeroxeradores agrúpanse en dous (2) circuítos soterrados, cada un á tensión de 30 kV. Estes circuítos chegan á subestación Monteagudo. O condutor utilizado será do tipo RHZ1 18/30 kV, de aluminio e sección 240 mm².
• Disporase dun único sistema de terras enlazando, mediante cable soterrado de cobre de 50 mm², os circuítos de posta á terra dos aeroxeradores.
• Pola mesma gabia que as liñas de media tensión instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica e que se empregará para o control centralizado do parque.
• A subestación Monteagudo conectarase a unha nova liña de alta tensión de 66 kV proxectada en tramos soterrados e aéreos, dende a subestación Monteagudo ata subestación de Morás. O proxecto desta liña non entra dentro do alcance deste proxecto.
Obxecto da información pública:
A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) das instalacións.
Documentación que se expón:
1. Proxecto técnico (outubro 2021-visado 4.5.2022).
1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.
2. Estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021-asinado 18.10.2021).
3. Proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) (outubro 2021-visado 18.10.2021).
De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas do Concello de Arteixo, A Laracha e Carballo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
A Coruña, 19 de maio de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña