Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32223

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2021/U035/000001).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de marzo de 2022, acordou aprobar inicialmente o plan especial de reforma interior nº 2 PERI-2 Casas dos Mestres, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Beatriz Aneiros Filgueira (colexiada nº 2137 COAG) e Álvaro Fernández Carballada (colexiado nº 1047 COAG), presentada o 17 de febreiro de 2022 (RE 2022999000000597) e emendada o 16 de marzo de 2022.

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do Regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por esta poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 28 de abril de 2022

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde