Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de Lourido-Sequeiro (Valdoviño-A Coruña), para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Ofical del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Lourido-Sequeiro (Valdoviño-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que os afecta.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderán solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberáse efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 16 de maio de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

DNI

Acto notificado

32550222R

RDX 23/03/22