Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0048/2021-LSA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 12 de maio de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

INC-PO-0048/2021-LSA

36015332T

Resolución

INC-PO-0058/2021-VNA

41096969V

Resolución

INC-PO-0019/2022-VNA

10691698X

Acordo de incoación

SAN-PO-0003/2022-IA

35483546C

Proposta de resolución