Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31953

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do proxecto por taxación conxunta da expropiación complementaria no ámbito da reserva de equipamento IA-8 do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión do día 18 de abril de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta de expropiación complementaria no ámbito da reserva de equipamento IA-8 do PXOM, asinado polos técnicos municipais e coa seguinte relación de bens e dereitos afectados:

Termo municipal: Santiago de Compostela.

Situación: Meixonfrío-Mallou de Arriba (IA-8).

Parc. conc.

ID parc. rexistral

Núm. parc.

Ref. catastral

Sup. m2

Prezo xusto

Titulares rexistrais

Titulares catastrais

104

15022000099831

17806

8697518NH3489F0000OX

215

995,56

Mallou Seoane, Enrique

Pombo Marcuño, Isabel

Mª Isabel e Santiago Mallou Pombo

Hros. de Manuel Mallou Pombo

105

15022000289317

12660

15079A505001050001GP

581

2.690,32

Limes Castro (José, Mª Jesús, Manuel, Olga, Mª Lourdes, Mario)

Limes Leiva, José (usufruto)

Castro Martínez, Jesusa (herdeiros)

En aplicación do procedemento regulado no artigo 293 do regulamento de desenvolvemento da Lei do solo de Galicia (RLSG), o expediente someterase á información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia.

Simultaneamente, efectuarase notificación persoal aos titulares dos bens e dereitos obxecto de expropiación e darase traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, outorgándolles o prazo dun mes para formular as alegacións que consideren convenientes.

Durante o prazo dun mes -contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio ou, de ser o caso, desde o día seguinte ao do recibo da correspondente notificación persoal-, os interesados poderán consultar o expediente e formular as alegacións que consideren oportunas.

Calquera interesado que poida resultar titular de dereitos de arrendamento ou calquera outro sobre os bens obxecto de expropiación, deberá comparecer no expediente acreditando debidamente a súa condición e dereito, co fin de que se poida abrir expediente incidental para determinar a indemnización que, de ser o caso, lle corresponda.

O expediente poderá consultarse na Sección de Expropiacións do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas (con cita previa solicitada no número de teléfono 981 54 24 25). Así mesmo, poderá consultarse na páxina web do Concello: https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Expropiacion-complementaria-ambito-reserva-de-equipamento-IA-8-do-PXOM/gl

Os erros que non fosen alegados e xustificados no trámite de audiencia e información pública non darán lugar á nulidade ou reposición das actuacións, sen prexuízo do dereito ás indemnizacións que procedan (artigo 293.9 do RLSG).

O acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta levará implícita a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2022

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica