Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31875

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir sesenta e cinco prazas vacantes da categoría profesional de auxiliar técnico/a de servizos, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de novembro de 2021 (DOG do 14 de decembro e BOE do 21 de febreiro de 2022), convocáronse probas selectivas para cubrir sesenta e cinco (65) prazas da categoría profesional auxiliar técnico/a de servizos, seis (6) pola quenda de promoción interna e cincuenta e nove (59) pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela