Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31832

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2022.

Mediante a Orde do 17 de decembro de 2021 da Consellería de Emprego e Igualdade (DOG núm. 13, do 20 de xaneiro de 2022), establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2022.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez emitida a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 12 de maio de 2022, mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, do 13 de maio de 2022, aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2022 ás entidades que se indican a seguir:

Premios aos valores cooperativos a Aventeira, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio ao mellor proxecto cooperativo novo a 13 Grados, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio á traxectoria cooperativa a Agroflor, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social