Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 12 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o proxecto de abandono definitivo dos labores da concesión directa de explotación Trema número 2717 (PO/C/02717), situada nos termos municipais de Catoira e Valga, da provincia de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre a xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de abandono definitivo dos labores da concesión directa de explotación Trema número 2717 (PO/C/02717), situada nos termos municipais de Catoira e Valga, da provincia de Pontevedra, denominado Proxecto de abandono definitivo dos labores da C.E. Trema número 2717, elaborado por Esmin Ingeniería, S.L., de acordo cun contrato menor de servizos da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ao seu favor, dada a súa situación de abandono.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) e alegar por escrito todo o que crean oportuno, e achegalo a calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta (30) días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 12 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra