Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de maio de 2022, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes PO-2004/010, conta 306 (P-051/15) e PO-2004/010, conta 180 (P-039/13).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 11 de maio de 2022

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-2004/010, conta 306 (P-051/15).

DNI: X6257142S.

Acto obxecto de notificación: requirimento de pagamento.

Expediente: PO-2004/010, conta 180 (P-039/13).

DNI: 76933241N.

Acto obxecto de notificación: requirimento de pagamento.