En sesión que tivo lugar o 19 de maio de 2022, a comisión nomeada mediante a Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral e corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico,
ACORDOU:
Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test feitas públicas mediante a Resolución do 21 de abril de 2022 (DOG núm. 84, do 2 de maio).
Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion
Debe indicarse que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado de apto ou non apto e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes puntuables do baremo.
Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia comisión de funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.
Terceiro. De acordo co disposto na base III.9, contra o presente acordo da comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022
Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión