Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello das Neves (expediente IN407A 2022/139-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad SA.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA SAL803 desde o apoio 24 ao 29.

Situación: As Neves.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 200 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo (PAS) que se realiza no apoio existente AEGDE6M8//AEGCMPKF, e final no PAS que se realiza no apoio proxectado C-3000/14.

– LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-110, de 55 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/14 e final no apoio proxectado C-4500/14.

A instalación está situada nas Bouzas, Tortoreos, no municipio das Neves.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 4 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Municipio: As Neves

Nº predio

Lugar

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

ml aér.

ml sub.

m² aér.

m² sub.

1

Entrecines

– Antonio Díaz Pereira

1.0

5.0

2

Entrecines

– Antonio Díaz Pereira

10.0

30.0

3

Entrecines

– Antonio Díaz Pereira

1

2.0

1.0

6.0

23.0

16.0

4

Entrecines

– Antonio Díaz Pereira

12.0

1.0

122.0

2.0

5

Entrecines

– Antonio Díaz Pereira

16.0

185.0

6

Entrecines

– Antonio Díaz Pereira

17.0

190.0

7

Entrecines

– Antonio Díaz Pereira

6.0

71.0

8

Entrecines

– Antonio Díaz Pereira

2

2.0

5.0

64.0