Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 10 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de cancelación, individual e conxunta, no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2014/0121 e cinco máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como os seus respectivos expedientes, atópanse á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións notificadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impuganadas en alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 10 de maio de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2014/0121

34264812X

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2016/0191

34880425M

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2016/0103

34882327K

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2016/0179

33318266Y

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2017/0114

33348003G

F11252301

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2021/0062

X9298057P

Resolución de cancelación da inscrición