Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 6 de maio de 2022, de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Industrias del Tablero, S.A. para a súa planta de produción de taboleiros de fibra de media densidade (MDF) no concello de San Sadurniño (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-60).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción de taboleiros de fibra de media densidade (MDF)

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Industrias del Tablero, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-I-98

Localización: concello de San Sadurniño (A Coruña)

Expediente: 2020-IPPC-M-60

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático