Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1) Entidade adxudicadora:
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita o expediente: contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2) Obxecto do contrato:
Título: gasto menor de servizo de organización do concurso escolar para a sensibilización da poboación infantil en relación co ciclo integral da auga do proxecto Innovaugas 4.0, cofinanciado a través do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020.
Clave do expediente: GA.22003.
CPV (referencia de nomenclatura): 79340000-9. Servizos de publicidade e de márketing.
Orzamento base: importe neto: 14.577,50 euros. Importe total: 17.638,78 euros.
Prazo de execución: 3 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 14.450,00 euros. Importe total: 17.484,50 euros.
Empresa contratista: Ártabra Comunicación, S.L.
3) Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación referida no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no Obxectivo temático 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; Prioridade de Investimento 1.b «Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxias entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes»; Obxectivo específico 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora»; Actuación 1.2.1.4 «Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (FID) e da Compra Pública Innovadora (CPI)» (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO). Operación «Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (FID) e da Compra Pública Innovadora (CPI)».
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia