Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2022/57-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado nº 2880 do COITIVigo e con visado nº 22200838, con data do 29.4.2022, do dito colexio profesional.

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.; CIF: B32274680.

Enderezo: rúa A Coruña, nº 20, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: modificación do CTA Freáns de Crespos (expediente 3070-AT).

Situación Freáns de Crespos, Padrenda (Ourense).

Orzamento: 8.721 € de execución material.

Características técnicas: modificación do CTA Freáns de Crespos.

• Substitución do transformador aéreo de intemperie existente sobre o apoio de formigón, de 100 kVA de potencia aparente, por un novo transformador de 160 kVA, con cambio de toda a súa aparellaxe asociada; illante en aceite mineral, latitude: 42°07’21.0”N, lonxitude: 8°08’59.7”W, fuso: 29.

Logo de se cumpriren os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto anteriormente sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 3 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense