Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello da Cultura Galega

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na xuntanza realizada o día 10 de maio de 2022, acordou aprobar a oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal do Consello da Cultura Galega ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que se detalla a continuación:

– Prazas de persoal laboral que cumpren cos requisitos previstos na Lei 20/2021, do 28 de decembro, para ser incluídas no proceso de estabilización de emprego temporal polo sistema de concurso, segundo figura no anexo.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Código

Denominación

Grupo

Sistema selectivo

01.01.01

Administrativo-Secretaría de Dirección

III

Concurso

01.01.02

Administrativo-Secretaría Económico-Administrativa

III

Concurso

01.01.05

Administrativo xeral

III

Concurso

02.02.01

Técnico superior-coordinador

I

Concurso

02.02.02

Técnico superior xestión cultural

I

Concurso

04.03.01

Técnico superior deseño

I

Concurso

04.03.02

Técnico xestión informática

II

Concurso