Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente-e IN407A 2020/180-1).

Expediente-e: IN407A 2020/180-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Nouche, no lugar de Nouche da parroquia de Santa María de Beán.

Concello: Ordes.

1. Características técnicas:

Instalación dun centro de transformación (CT) de intemperie de 100 kVA no lugar de Nouche. A liña de media tensión aérea que manterá a este CT ten a súa orixe no apoio número 49-41-8 da RAMT existente SIG802 e terá unha lonxitude de 920 metros, 8 novos apoios e condutor LA-56, rematando nun apoio C-3000-14 en que se instala o CT.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 3 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2020/180-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Nouche, no lugar de Nouche da parroquia de Santa María de Beán.

Concello: Ordes.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións: ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais: ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais; m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2; m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Nº predio C. parcelaria 1061

Labor e monte alto

Eduardo Salgado Fuentes

1

2.0

99.0

1.567.0

2

Nº predio C. parcelaria 1060

Monte alto e baixo

Eladio Castro Mosquera

19.0

3

Nº predio C. parcelaria 1053

Monte baixo

Manuel Castro López

2 e 3

4.0

396.0

3.251.0

4

Nº predio C. parcelaria 1052

Monte alto e baixo

Mª Luisa Castro Mosquera

24.0

377.0

5

Nº predio C. parcelaria 1051

Monte alto e baixo

José Mosquera Viqueira

4

2.0

358.0

2.104.0

6

Nº predio C. parcelaria 1050

Monte alto e prado

Manuel Berdomás Méndez

5

2.0

43.0

684.0

7

508/376 Patelo

Monte alto e prado

Manuel Berdomás Méndez

90.0

1.420.0

8

508/377 Agra do Froxal

Labor

José Mosquera Garazo

9.0

126.0

9

508/378 Agra do Froxal

Labor

Manuel Patiño Mosquera

6

2.0

25.0

404.0

10

508/4988 Martiñases

Prado

María Jesús Berdomas Monje

74.0

1.178.0

11

508/381 Eir Berd.

Prado

Isolina Monje Berdomas

11.0

176.0

12

508/4987 Martiñases

Prado

María del Carmen Mosquera Viqueira

7.0

13

508/392 Martiñas

Prado

José Juncal Castiñeiras

7

2.0

75.0

1.198.0

14

508/391 Martiñas

Labor

José Viaño Soneira

42.0

673.0

15

508/389 Martiñas

Labor

Hros. de Antonio Reboredo Viaño

46.0

16

508/390 Martiñas

Labor

Hros. de Antonio Reboredo Viaño

8

2.0

73.0

1.265.0