En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a modificación do establecemento que se describe:
Solicitante: Acuidoro, S.L.U. (B15139785).
Tipo: criadeiro.
Proxecto: Sole Hatchery Expansión - melloras nos procesos larvario e prenursery e novo edificio nursery de linguado.
Localización: polígono industrial de Cuiña, San Cibrao, Cervo (Lugo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa 5A-4º (Polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022
Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica