Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de maio de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Couto, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salvaterra, no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión do día 6 de outubro de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Salvaterra.

Nome do monte: Couto.

Cabida: 204 m² aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: herdeiros de Fernando Abril Moure.

Sur: herdeiros de Fernando Abril Moure.

Leste: herdeiros de Fernando Abril Moure.

Oeste: camiño asfaltado.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 6 de maio de 2022

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor