BDNS (Identif.): 615424.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Amplíase en 15 días hábiles, ata o 15 de xuño de 2022, o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto segundo do resolvo da Resolución do 16 de marzo de 2022 (DOG núm. 53, do 17 de marzo).
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022
Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica