Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 4 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto acordado mediante resolución do Xurado de Expropiación de Galicia polas afeccións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Manzaneda, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2016/250-3 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, na rúa Curros Enríquez nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 4 de maio de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2016/250-3 AT.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Termo municipal: Manzaneda.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives a 220 kV.

Predio

Ref. catastral

Titular

Incidencia

OU-MA-26

32045A03300548

Francisco Rodríguez

Enderezo descoñecido

OU-MA-38

32045A02500363

Titular descoñecido

Enderezo descoñecido

OU-MA-49

32045A02500269

Juan Antonio Domínguez

Enderezo descoñecido

OU-MA-51

32045A02500362

Titular descoñecido

Enderezo descoñecido

OU-MA-52

32045A02500272

Dorinda Vázquez

Enderezo descoñecido

OU-MA-66

32045A02500153

Titular descoñecido

Enderezo descoñecido

OU-MA-82

32045A02400100

Augusto Cota Feijoo

Enderezo descoñecido

OU-MA-84-2

32045A02400154

Cesáreo Losada

Enderezo descoñecido

OU-MA-84-3

32045A02400152

Antonio Álvarez Prieto

Enderezo descoñecido

OU-MA-86

32045A02400097

Manuela González Pérez

Enderezo descoñecido

OU-MA-105

32045A02400061

José Rodríguez Domínguez

Enderezo descoñecido

OU-MA-107

32045A02400023

Titular descoñecido

Enderezo descoñecido