Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do proxecto de interese autonómico para a ampliación das instalacións de Aguas do Paraño, S.L., no concello de Boborás (expediente 2022AAE2654).

De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 3 de maio de 2022, sobre o proxecto de interese autonómico para a ampliación das instalacións de Aguas do Paraño, S.L., no concello de Boborás.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2483/2022.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático