De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 2 de maio de 2022
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI denunciado |
Acto de notificación |
MON-CO-0046-2022 FOR |
33207286R |
Acordo de inicio |
MON-CO-0058-2022 FOR |
33052329H |
Acordo de inicio |