Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30442

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO da incoación de expediente de execución subsidiaria.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, tras ser publicada a notificación no BOE o 25 de agosto de 2021 e no DOG o 25 de agosto 2021, aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, por seren descoñecidos ou non recolleren a notificación en que se lles comunicaba a súa obriga legal de xestionar a biomasa e de retirar as especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se sinalan, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007.

Tras comprobar que non se realizaron os labores de xestión da biomasa no prazo concedido tras a publicación nos diarios indicados.

Visto, ademais, que o Concello de Cenlle ten un convenio asinado con Seaga polo cal encarga a este organismo da Xunta de Galicia a limpeza efectiva de moitas parcelas que están en situación de risco de incendio e para as cales non foi posible lograr que realizasen a limpeza os seus titulares, ben porque non se coñecen ou ben por incumprimento, considerando que resulta obrigatorio, chegados a este punto, acordar a execución subsidiaria polo Concello e que resulta necesario formalizar tamén a liquidación provisional dos custos que terán esas limpezas,

De acordo co previsto nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, de prevención de incendios de Galicia; 135 e seguintes da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Acordar a execución subsidiaria das seguintes ordes de limpeza dos predios en risco de incendio, ao abeiro do previsto no artigo 22 da Lei 3/2007, por incumprimento dos titulares ou por descoñecemento deles, en zona de franxas de protección de núcleos de poboación:

Referencia catastral

Titular/es

Localización

Polígono

Parcela

Metros

Custo

Liquidación provisional

32026A02700169000TL

Bóveda López Andrés

Cenlle (Santa María)

27

169

7.105

1,20 m²

8.526 euros

32026A008005660000TB

Veciños de Cenlle e Sadurnín

Sadurnín (San Xoán)

21

1000

160.749

1,20 m²

192.898 euros

32026A021010000000TM

Veciños de Saa e Navas

Sadurnín (San Xoán)

20

2000

12.038

1,20 m²

14.445 euros

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, considérase que a limpeza xerará os custos que aparecen na mesma táboa, na columna de liquidación provisional.

Terceiro. Ordenar e requirir o pagamento da presente liquidación provisional dos custos que deberán aboar as persoas responsables. Os importes que se presentan constitúen a liquidación voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria. Todo isto sen prexuízo da liquidación definitiva que se cursará unha vez rematados os traballos de corta e rozadura.

Cuarto. As persoas titulares do terreo ou do dereito de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa. Adóptase como medida cautelar o comiso da madeira procedente da corta de especies arbóreas que se deban retirar, se é o caso, en conformidade co artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Quinto. Outorgarlles aos titulares afectados un prazo de audiencia de 15 días hábiles, para que aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren convenientes consonte os seus dereitos. Para tales efectos, poderán consultar o expediente administrativo instruído e obter as copias que consideren oportunas para unha maior defensa dos seus intereses, de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexto. Ordenar a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello, para o seu coñecemento, e comunicarlla a Seaga, para os efectos que procedan.

Indícase que o expediente no seu conxunto se atopa á disposición dos/das interesados/as nas dependencias do Concello, sitas en Trasariz, 1, Cenlle, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Cenlle, 25 de abril de 2022

José Manuel Rodríguez Lamas
Alcalde