Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30357

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2022

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data da
sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda

Regular a colaboración entre o IGVS e o CAG, para os fins de crear as canles de información necesarias para procurar que persoas en situación de desamparo non perdan a súa vivenda habitual ou, de ser o caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar nestas situacións.

2022: 50.000 euros

9.2.2022

Addenda para a modificación do Acordo da comisión bilateral que tivo lugar o 26 de outubro de 2017, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo histórico de Corcubión (A Coruña). Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016

Modificación do número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún do financiamento inicialmente previsto: 12

Sen achega

9.3.2022

Addenda para a modificación do Acordo de comisión bilateral que tivo lugar o 26 de outubro de 2017, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo histórico de Bouzas, Vigo (Pontevedra) Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016

Modificación do número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún do financiamento inicialmente previsto: 125

Sen achega

9.3.2022

Addenda para a prórroga do Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A. para facilitar a permanencia nas súas vivendas das persoas afectadas por execucións hipotecarias, por desafiuzamentos por falta de pagamento de rendas e en virtude doutras políticas sociais en materia de vivenda

Prorrogar a vixencia do Convenio de colaboración que tivo lugar entre o IGVS e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para facilitar a permanencia nas súas vivendas das persoas afectadas por execucións hipotecarias, por desafiuzamentos por falta de pagamento de rendas e en virtude doutras políticas sociais en materia de vivenda, ata o 5 de abril de 2023

2022: 191.250 euros

2023: 63.750 euros

4.4.2022

Addenda para a modificación do Acordo de comisión bilateral que tivo lugar o 27 de outubro de 2015, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo histórico de Lugo. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016

Modificación do número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña incremento ningún do financiamento inicialmente previsto: 41

Sen achega

22.4.2022