Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 29992

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2022

Convenios

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de ocupación demanial entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Establecer as condicións de ocupación e de utilización do dominio público portuario, así como regular as relacións entre Augas de Galicia e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra no que incumbe á execución e explotación das actuacións descritas no proxecto e execución de obra do novo emisario submarino da estación depuradora de augas residuais de Praceres na ría de Pontevedra.

Sen custo económico

13.1.2022

Convenio de colaboración entre a Sociedade Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas España, S.A. (ACUAES), a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ponteareas para a execución e explotación das actuacións de saneamento e depuración en Ponteareas.

Establecer as estipulacións básicas da colaboración entre ACUAES, Augas de Galicia e o Concello de Ponteareas para a construción e explotación das obras pertencentes á actuación A.7.09-estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ponteareas.

11.700.000,00 €

28.1.2022

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vigo para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra.

Adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución dos traballos obxecto do convenio.

200.000,00 €

25.2.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Portomarín para a execución das obras do proxecto denominado Mellora do abastecemento ao núcleo de León. Portomarín (Lugo).

Modificar a distribución de anualidades prevista na cláusula terceira (réxime de financiamento) do convenio.

368.128,25 €

7.3.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Catoira para reducir o risco de inundación na ARPSI dos ríos Ulla e Sar, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desevolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ampliar o importe do convenio en 87.162,25 € e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio.

387.162,25 €

15.3.2022

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón para a execución da actuación de mellora e optimización do funcionamento do sistema de saneamento das parroquias de Lestedo e Sergude e de nova rede de saneamento noutras parroquias. Concello de Boqueixón (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o importe do convenio en 47.695,02 € e, consecuentemente, reaxustar a distribución das anualidades do convenio.

1.947.695,02 €

30.3.2022

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2022 ou ata a formalización do novo convenio de colaboración entre Augas de Galicia, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a xestión e explotación do sistema de saneamento e depuración de Ferrol e Narón, no caso de que se formalice antes do 31.12.2022.

Sen custo económico

30.3.2022

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Castro de Rei para a redacción do proxecto de mellora da ETAP de Castro de Rei.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan ao Concello realizar a redacción do proxecto de mellora da ETAP de Castro de Rei.

15.705,80 €

31.3.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira, e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Augas de Galicia e a Asociación Enxeñaría sen Fronteiras Galicia para o proxecto de fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (Aqua-Moz Secara 3ª fase).

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Augas de Galicia e a asociación Enxeñaría sen Fronteiras Galicia no proxecto denominado Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (Aqua-Moz Secara 3ª fase).

125.000,00 €

13.4.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Melide para a ampliación do saneamento na parroquia de Santa María, Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Melide que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na ampliación do saneamento na parroquia de Santa María, Melide (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

150.000,00 €

22.4.2022

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do 12º Congreso Micropol & Ecohazard.

Establecer as condicións polas que se rexerá a cooperación entre Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do 12º Congreso Micropol & Ecohazard, que será organizado e xestionado pola USC.

5.000,00 €

22.4.2022

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei para a mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei. Fase II. Concello de Outeiro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei. Fase II. Outeiro de Rei (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

200.000,00 €

27.4.2022