Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 12 de maio de 2022 polo que se procede a dar publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de dezaoito (18) prazas de actrices e actores, cinco (5) coa categoría de protagonista e trece (13) coa categoría de principais, repartidas nas tres producións do Departamento de Produción Teatral no período 2022-2023.

Co obxecto de levar a cabo as producións teatrais previstas para 2022-2023 e en consecuencia realizar a selección das actrices e actores que formarán parte do elenco, para a súa contratación mediante modalidade de contrato especial para artistas, aprobáronse as bases que rexerán este proceso selectivo.

Conforme o disposto na base novena, para garantir a publicidade deste procedemento,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a selección de dezaoito (18) prazas de actrices e actores, cinco (5) coa categoría de protagonista e trece (13) coa categoría de principais, repartidas nas tres producións do Departamento de Produción Teatral da Agadic no período 2022-2023.

As bases que rexen este proceso, así como o resto da documentación relativa a esta convocatoria, poden consultarse na páxina web http://www.agadic.gal/ e no taboleiro de anuncios da Axencia.

A presentación de solicitudes e a documentación anexa deberá realizarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo de instancia dispoñible na páxina web da Agadic, no enderezo de correo electrónico audicions.cdg@xunta.gal. Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, inclusive o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria realizaranse conforme o disposto nas bases que se anuncian.

Contra esta convocatoria, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Presidencia da Agadic no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Os actos que deriven desta convocatoria poderán ser impugnados nos casos e forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais