Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Xesvitec, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do artigo 2 (domicilio social) dos estatutos sociais da entidade Xesvitec, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor da entidade o 25 de abril de 2022. O novo domicilio queda establecido na avenida Magoi, nº 49-51, baixo, 27002 Lugo.

Lugo, 3 de maio de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo