Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola Resolución da Consellería de Facenda do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da devandita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2022
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas
Tribunal titular:
Presidencia:
José Ángel Mourelo Ortueta, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.
Secretaría:
Mª Elvira Míguez Vázquez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
– Óscar Novás Pereira, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.
– Rubén Lado Sestayo, profesor da Área de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña.
– Ana González de Vicente, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.
Tribunal suplente:
Presidencia:
Ramón Prego Teira, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.
Secretaría:
María Dolores Carballal Paradela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– Raquel Nodar López, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
– Santiago Valencia Vila, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.
– Rubén Plaza Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.