O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2022
Convenio |
Data da sinatura |
Importe total (€) |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o HUB de carácter estratéxico Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia, para o financiamento dos custos de xestión e coordinación do HUB de innovación dixital |
7.1.2022 |
300.000,00 € |
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, para o impulso da transferencia de tecnoloxía no sistema de I+D+i de Galicia |
4.3.2022 |
1.000.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía, para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2022 |
24.3.2022 |
8.000,00 € |
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., para a realización do programa de aceleración para a internacionalización de pemes Galicia Avanza |
31.3.2022 |
2.239.650,00 € |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal, para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte |
12.4.2022 |
18.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia) e a Fundación CEL iniciativas por Lugo, para a continuidade da Aeronautics Business Factory-BFAERO na cuarta e quinta edición |
12.4.2022 |
4.460.112,00 € |