Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 26 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/30-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA entre apoio núm. 18 e CS Sta. Cruz 32CP39.

Situación: concello de Ourense.

Características principais recollidas no proxecto:

Reforma dun tramo das LL.MM.TT. SAC804, SAC805 e CAS806, a 20 kV, en triplo circuíto, substituíndo os apoios existentes deteriorados, por novos apoios de celosía metálica e o condutor LA-110, de 3.408 m de lonxitude, con orixe no apoio núm. 18 proxectado e final no CS Sta. Cruz 32CP39; e restitución da subministración eléctrica aos CCTT afectados, en condutor LA-56, con orixe no apoio núm. T21-27 proxectado (actuación núm. 5 de proxecto) da LMTA TC SAC804/SAC805/CAS806 e final CT CIRRO-32AFF9 (actuación núm. 6 de proxecto).

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 17.5.2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 26 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2022/30-3.

Termo municipal: Ourense.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA entre apoio núm. 18 e CS Sta Cruz 32CP39.

Predio

Propietarios

Afección apoio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Superficie ocupada (m2)

1

Ramirás

Baldío

Ángel Martínez

D21-24

2

2

Ramirás

Baldío

Ángel Martínez

T21-25

2

3

Ramirás

Baldío

Ángel Martínez

T21-26

2

5

Cirro

Prado

Marcial Nóvoa Fernández

T21-29

10

6

Viña Redonda

Matogueira

Josefa Pérez e irmáns

T21-31

2

7

Viña Redonda

Matogueira

María Fernández Fernández

T21-32

2