Mediante a Resolución de Alcaldía deste concello, do 4 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se relacionan:
– Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021:
Persoal laboral:
Grupo de clasificación |
Categoría laboral |
Vacantes |
06 |
Auxiliares de axuda no fogar |
4 |
01 |
Axente de emprego local |
1 |
02 |
Axente TIC |
1 |
02 |
Traballadora social |
1 |
02 |
Director punto atención infancia |
1 |
02 |
Persoal apoio punto atención infancia |
1 |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Vilar de Santos, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
Vilar de Santos, 5 de maio de 2022
Antonio Míguez Nogueiras
Alcalde