Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 2 de maio de 2022 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2022000062 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas a que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

02036-DP 0801 de Fraga ao Casal de Santa María de Babío por San Vitorio. Ampliación e senda do p.q. 0,000 ao 0,790.

Rubén Couñago Míguez e 1 máis

24.3.2022

2022000062

12

02071-DP 5603 Negreira a Marco do Cornado - Sendas peonís p.q. 1.43 a 2.17, 7.30 a 7.82, 8.75 a 10.77 e do 11.11 a 12.90. Termo municipal de Negreira.

Manuela Suárez Rodríguez

24.3.2022

2021001494

4

Manuela Suárez Rodríguez

24.3.2022

2021001496

6-6CO

Manuela Suárez Rodríguez

24.3.2022

2021001497

7

Iván Tomé Riveiro e 2 máis

24.3.2022

2021001522

320CP

02074-Adaptación da estrada LU-231, Friol- A Baiuca, p.q. 0+000-18+700 (enlace A-54) ao plan de baixa IMD mellorada, treito 0+000-9+400. Termo municipal de Friol.

Hdros. Antonio Moreno Rodríguez

24.3.2022

2022000068

3

Fidel Moreno Sieiro

24.3.2022

2022000077

102

02081-Proxecto de acondicionamento da intersección entre as estradas provinciais OU-0210 e OU-0211. Termo municipal de Quintela de Leirado.

Hdros. Manuela Devesa Fernández

24.3.2022

2022000044

7

Ramón Vázquez Martínez

24.3.2022

2022000045

8

María Vázquez Míguez

24.3.2022

2022000046

9