Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2022 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: Gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica OH.336.1132 Saneamento no núcleo de Reboredo. Campo Lameiro (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.21074.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 14.910,97 euros. Importe total: 18.042,27 euros.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 11.895,00 euros. Importe total: 14.392,95 euros.

Empresa contratista: Ingenia Proyectos Técnicos, S.L.

b) Título: Gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica OH.332.831 Conexión das redes de saneamento do Sifón e San Vicenzo co colector xeral de Avión. Avión (Ourense).

Clave do expediente: GA.21076.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 14.910,97 euros. Importe total: 18.042,27 euros.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.500,00 euros. Importe total: 17.545,00 euros.

Empresa contratista: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

c) Título: Gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica Renovación da rede de abastecemento en Magros. Beariz (Ourense)-OH.232.829.

Clave do expediente: GA.21077

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 14.944,23 euros. Importe total: 18.082,52 euros.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.531,01 euros. Importe total: 17.582,52 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

d) Título: Gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.336.1132 Saneamento no núcleo de Reboredo. Campo Lameiro (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.21082.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 7.735,00 euros. Importe total: 9.359,35 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 5.895,00 euros. Importe total: 7.132,95 euros.

Empresa contratista: Ingenia Proyectos Técnicos, S.L.

e) Título: Gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.232.834 Abastecemento a San Cristovo. Paderne de Allariz (Ourense).

Clave do expediente: GA.21084.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 9.668,75 euros. Importe total: 11.699,19 euros.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 6.466,08 euros. Importe total: 7.823,96 euros.

Empresa contratista: Ibersys Seguridad y Salud, S.L.

f) Título: Gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.332.831 Conexión das redes de saneamento do Sifón e San Vicenzo co colector xeral de Avión. Avión (Ourense).

Clave do expediente: GA.21087.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 7.735,00 euros. Importe total: 9.359,35 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 5.350,00 euros. Importe total: 6.473,50 euros.

Empresa contratista: Segurinco, S.L.

g) Título: Gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada Renovación da rede de abastecemento en Magros. Beariz (Ourense)-OH.232.829.

Clave do expediente: GA.21088.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 8.512,52 euros. Importe total: 10.300,15 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 5.700,00 euros. Importe total: 6.897,00 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

h) Título: Gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.332.835 Mellora do saneamento en varios núcleos do concello de Muíños (Ourense).

Clave do expediente: GA.21090.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 11.602,50 euros. Importe total: 14.039,03 euros.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 7.900,00 euros. Importe total: 9.559,00 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuacións referidas no punto 2) anterior, financiadas ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4 Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; actuación 20.1.4.5 Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia