Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28965

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do camiño de Fiunchedo 1 APR-PERI-3.1.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión telemática ordinaria do 17 de marzo de 2022, adoptou, entre outros, o acordo que a seguir se transcribe literalmente na súa parte dispositiva:

«2º. Tramitación do Plan especial de reforma interior do camiño de Fiunchedo 1 APR-PERI-3.1.

1. Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior do camiño de Fiunchedo 1 APR-PERI-3.1, promovido pola comunidade de propietarios do edificio situado no número 6 e 6-B do camiño de Fiunchedo e outros propietarios, coas seguintes condicións:

1ª. O prazo para solicitar licenza de obras para a legalización da edificación existente será de 3 meses contados desde a aprobación do proxecto de compensación.

2ª. As referencias ao capítulo V contidas nos artigos 25, 26, 27, 28, 29 e 30 da normativa do PERI entenderanse substituídas pola referencia ao título V da normativa do PXOM de Sada.

3ª. O texto do número 3 do artigo 34 da normativa adaptarase ao disposto no artigo 70.7 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

4ª. No texto do artigo 35 engadirase a condición de que o 30 % da superficie edificable será destinada a vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

2. Someter o plan aprobado inicialmente á información pública durante o prazo de dous meses, consonte o disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia».

O contido íntegro do plan especial aprobado pódese consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sada: https://sede.sada.gal/opencms/es/informacion/ co título de Aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do camiño de Fiunchedo 1.

Sada, 25 de abril de 2022

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde