Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28861

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública, para a cobertura, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes de supervisor/a de área de enfermaría.

Mediante a Resolución do 3 de marzo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (DOG núm. 50, do 14 de marzo), convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, dous postos vacantes de supervisor/a de área de enfermaría no Hospital Universitario de Ourense.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Enfermaría a que se fai referencia na base quinta.

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública, para a provisión, de dous postos vacantes de supervisor/a de área de enfermaría, no Hospital Universitario de Ourense, sinalados no anexo desta resolución.

Segundo. Nomear, nos postos que se indican, as persoas que se citan no anexo desta resolución.

Terceiro. Os/as profesionais nomeados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión, do posto de traballo adxudicado, deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, de conformidade co artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria, por interese particular, e será declarado/a nesa situación, polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 6 de maio de 2022

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a área funcional de Calidade no Hospital Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: Miriam Vázquez Campo.

DNI (*): ***8496**.

Posto: supervisor/a área funcional de Hospitalización no Hospital Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: Estrella Pérez Conde.

DNI (*): ***7292**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.