Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 28 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 15 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2022/15-3), a cal foi publicada no DOG do 5.4.2022; ao mesmo tempo notificóuselles aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase o titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificado por comparecencia, pois non foi posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 28 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/15-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de interruptor TC no apoio D38 da LMTA CAS806.

Termo municipal: Castrelo de Miño.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: Rodal.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D38.