Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da LMT, CT e RBT Sende, no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2021/149-1), por resolución desta xefatura territorial, do 7 de abril de 2022, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15008 A Coruña, esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 31 de maio de 2022 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de fincas que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Pobra do Caramiñal, deducida da que se someteu á información pública no DOG do 11 de outubro de 2021, no BOP do 23 de setembro e no xornal La Voz de Galicia do 5 de outubro, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles efectuará a notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas do concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, e tras ser intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A Coruña, 21 de abril de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña